No lugar de Tralobouzo, quedan vestixios. Pronto a historia desta casa.
No lugar de Tralobouzo, quedan vestixios. Pronto a historia desta casa.
O Sacundino do Puntillón ( foto casa antigua)
O pai da Pura, a mai do Manolo do Zuco, (Abelardo) era dos Puntillós.
Os Xacobes eran tamén dunha rama dos Puntillós.
Duas irmás do Sacundino casaron en Eixon e formaron ali a familia
Sacundino de Puntillón casou con Josefa da casa dos Quiroga. Non tiveron fillos .
Josefa erá irmá do pai do Manolo de Quiroga. Era irmá da Consuelo, a que casou co Salustio de Marelo.
Cando era rapaza ela e outra irmá querían ir para monxas de clausura pero ao carecer de dote non puideron entrar e foi cando xa de maior casou con Sacundino.
As lembranzas que teño deles son vagas, a ela recordoa como unha muller moi anciá de pelo longo e branco .
Vivían moi modestamente e pese a que de miseria conseguiron xuntar bastantes cartos nunca puxeron a luz no seu domicilio e ata o final seguiron alumeándose con cándil
o mesmo que o Farnés que tamén obtou por esta opción.
Logo de finar Josefa , Secundino marchou a vivir a Eixón cuns parentes.
A casa e as propiedades foron vendidas. Na actualidade no lugar hai unha nave propiedade de Toño e Mary.
A casa do Cristán naceu dunha rama da dos Ferreirolos e levou ese nome porque o dono era o Sancristán de Piño, seica o último en sacar o pendón nas procesións.
Deste personaxe ainda se contan hoxe historias como a de como se vestía para a misa diaria cos hábitos correspondentes ou como xa na vellez ía ao leito ben preparadiño porque dicía que desa noite non pasaba.
A ubiciación desta casta estaría diante da casa orixinal deles "Ferreirolos", entre a casa de Carpinteiro e a nave que os Morales construiron na finca que lle comparon aos de Rei.
Matilde unha das fillas viviu en Ribas Pequenas e a súa filla Luisa é a dona do único muiño que segue a funcionar na zona. A outra filla, Dolores, casou cun de terras de Samos e teñen unha finca con mazairas na herdanza dos seus pais, na Seara, limitando có antigo potro de levar as vacas a inseminar, cada ano veu a tratalas mentres puido e ten merecido o recoñecemento de ser as mellor podadas da contorna.
Nota: Texto en revisión engadiránse máis datos.
Sita en Suhortos
O Sindrán era moi coñecido na nosa parroquia, eu case que non o lembro moi ben, e de momento os datos que mais ou menos creo coñecer del son os seguintes :
Era o Pai da Anita de Carballal, e do home da Olguita de Gobernante..........
Deixa apuntes sobre esta entrada nos comentarios habilitados. Gracias
{jcomments on}Ainda que figura como desaparecida na actualidade segue en pé. Está no Pacio e é a antiga Fragua onde viviu a Elisa e o Camilo.
Elisa da Casa dos Zouriles .
O Cuturro era o irmau da Cuturra ( Casa da Cuturra ) . Tiña un fillo que morreu asasinado cando andaba na sega en Castela e por iso lle deixou a súa sobriña a Elisa a casa.
Na actualidade logo de que fose vendida ao Ferrerías , logo do seu pasamento foi herdada pola súa filla quen na actualidade a ten á venda Antiga Fragua
En canto ao asesinato do fillo do Cuturro en Castela foille atribuido a un veciño de Eirexalba da casa do Cabazo que tiña moi mala fama, xa matara a outro home antes da guerra en Rubián por non cederlle a parella e ao noso veciño clavoulle o fouciño da sega nas tripas.
Non é tan doado como parece catalogar unha casa de desaparecida, neste caso as paredes e o espazo que ocupou ainda se poden contemplar.
Moito que contar e moitos aos que lembrar desta casa.
Lémbrome da sra Consuelo, da casa dos Quiroga, irmá do pai do Manolo de Quiroga, moi boa muller.
Consuelo era a mai da Presenta e do Manolo .
O home da Consuelo chamabase Salustio era o herdeiro desta casa, ainda que orixinalmente a súa casa estaba onde hoxe está a do Anxelito.
O irmán de Salustio era o Jesús que casou coa Flora.
A mai destes dous era coñecida como a Marela Vella. Un día indo a misa ao Castro, deulle un arrepuxon ao Pedro do Zuco, avó do Manolo e rompeulle os pantalóns.
Polo visto a casa dos Marelos situada ao lado do Pozo, enfrente da casa do Ferreirolo e ao lado da cantina do Marcial, foi feita polo novo matrimonio.
A Presenta, filla deste matrimonio casou co Antonio coñecido como o Albañil, que era dun concello da Coruña.
Tivo dous fillos, a Carmiña e o Pepe.
Morreu aos cincuenta anos, din que dun cangro.
Co seu marido foi a vivir á casa nova que construiron detrás do café, agora coñecida co nome da casa do Albañil, na que viviu moi pouco tempo por mor da súa enfirmidade.
A súa filla Carmiña casou co Pepe do Galgo e marcharon a vivir a Bóveda onde se instauraron e tiveron a súa propia familia.
O seu fillo Pepe, quedou solteiro.
O Manolo de Marelo era o pai do Pipi, o avó de Xurxo. Fillo da Consuelo e do Salustio e irmán da Presenta.
Durante a súa vida adicouse a moitas tarefas, entre elas a de albañil.
Certa noite, non había luz pública e os camiños estaban enchidos de bulleiro, saiu do café dirección a súa casa e no camiño chocou con outro que viña.
Ao día seguinte comentou co fillo, que chocara con alguén ao voltar á casa e resulta que fora o seu propio fillo e non se recoñeceran.
A muller do Manolo da Marela é a Manuela.
Manuela é filla do José de Campelo e da Amable de Galgo, ten unha irmá que está en Ribas Pequenas que se chama Amable igual que a mai.
Amable de Galgo era irmá do Manuel (pai do Pepe, Lucita, Suso e Manola) e home da Pura (orihunda de Mosteiro) e do Jesús (Pai da Nelita, Esther...) da casa de Cantinera.
to be continue...
O avó do sr. Antonio o Capitán, por parte de pai pertencia á casa do Guardia que estaba ubicada no Pacio, ao lao da casa do Zouriles enfrente da casa do Cuturro.
Hoxe a ubicación na que estaba forma parte da actual casa de Gallego . Casa Gallego - Os Rodríguez
Das ramas dos Plata saíron ao menos as seguintes casas
Casa do Ricardo, comprada por Pepe da Flora, actual casa da Yolanda
Casa de Carpinterio, a Visita, o seu pai era dos Plata.
Casa de Xan María , a mai do Pepe era dos Platas
Casa de Benjamín , a Emilia era dos Plata
Casa Benigno, el era dos Plata
Peruchela, Perucho era dos Plata (actual bodega do Requeixo e casa que comprou a Maruja de Leandro ao Pepe da Flora)
Marcial era Plata
Casa de Caballal - a María era dos Plata, mai de Ricardo, Antonio, Amable, Carlos, Dolores...
Ainda que puxen a casa como desaparecida poderiamos dicir que na actualidade a casa dos Plata existe, sendo na actualidade a casa da Amable e do Manolo en Suhortos
Nota: Entrada en revisión. Admítense aportacións Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Estaba sita no Barrete de Tres, entre a casa do Barroso e a casa de Seoane O que quedaba dela vendeuse fai máis de vinte anos. Nela naceu ao menos o pai do Manuel do Xusto e do sr. Juan da Cubana, que era fillo dunha dos Galgo. A casa do Justo, na actualidade é a casa de Carliños, fillo da Marina e do Toño, neto a súa vez de Concha e do Lino, o derradeiro zapateiro da nosa parroquia, finado non hai moito. A súa ubicación e no camiño a Suhortos, a man esquerda. .. {jcomments on}
A casa dos Zouriles estaba situada no Pacio, ao lado da Casa do Guardia e enfrente da Casa do Cuturro.
A Elisa era filla dos Zouriles. Un irmán seu marchou para Arxentina deixando hipotecada a casa para conseguir o diñeiro para que puidese marchar Como nunca nunca retornou o diñeiro do préstamo e a casa foi embargada e a Elisa foi vivir á casa dos tíos que logo herdaría.
Foron moitas as familias galegas no tempo da emigración as que perderon as súas pertenzas ao deixar hipotecadas casas e terras para poder marchar.
Ao Pepe de todos chamábanlle así porque ía a casa de todos os que o necesitaban a traballar a cambio de comida, un bolo de pan, touciño ou o que lle deran para poder darlle de comer a súa familia. Os recordos deste personaxe dos que hoxe ainda viven e o coñecen ven sexa por historias ou referencias e de ser unha moi boa persoa. Pronto vos direi onde estaba a casa, quen eran seus fillos e que pasou cos da súa descencencia. Si alguien o sabe e quere poñelo pode facelo a traveso dos comentarios habilitados nesta entrada. Gracias. {jcomments on}