Contemporáneas

Os datos levanme a pensar e casi afirmar que a que aparece có nome da casa do Carriozo refírese a actual casa de Jaime, natural de Ver, veciño de BCN, que a mercou a "Maruja de Leandro", xa que a irmá de seu pai "Manuel de Leandro" Rosa, mercaralla aos de Barroso. Aquela fora a casa da Manuela, Demetrio..etc....e tamén  tres xeneracións antes a casa de dúas irmáns  Manuela e Ana con dous destinos paralelos e que fundaron dúas ramas interelacionadas ata a actualidade .

Ana casou e no barrete de arriba e foi a vivir a unha nova casa que levaría dende entón o nome orixinal da do Carriozo , Barroso,  sendo a avoa da Anuncia, mai do José de Barroso, do Aquilino, da Hilda, da Luisa, Manuel.. Manuela Glez Losada casou en Bales, con Ramón Docasar. Desta rama parte alo menos os descendentes da casa do Pacio e as derivadas.

A casa do Carballal estaba neste lugar da parroquia. Hoxe quedan vestixios.

Comentar que a casa do Carballal era unha casa situada lonxe do núcleo poboacional, estaba sóla no medio do monte, pasando Carballedo, cerca de Mosteiro. Mentres no pueblo había moitas necesidades eles íanse amañando moi ben, eran cabreiros.

Por datos atopados supoño que na Beiga houbo nalgún momento algunha casa xa que atopamos no rexistro o matrimonio de Juan Rodríguez da Beiga con Antonia da Beiga ( era de Samos ) de cuio matrimonio saiu Fracisco Rguez da Veiga que logo de casar asentouse no Carballal pasando a ser Fco. Rguez Carballal.

Segundo a zona do pueblo na que vivian parece ser que adoptaban o lugar como apelido do nome. Francisco Rodríguez Carballal casou con Benita Somoza . Tiveron como fillos a : Antonio, Rodrigo, Manuela, José e Carmen. 

Algún día.. máis datos.

 

Do matrimonio de Francisco Días con Francisca Glez Rguez nacen : Celestino, Maria Josefa (Mari Pepa), Gabriel e Manuel. Parece ser que este matrimonio é proveniente de Ribas Pequenas. Afincáronse en Suhortos.

O nome da casa Celestino venlle dado dun dos fillos deles.

De esta casa parten varias ramas de varias familias do pueblo. A Mari Pepa casou cun dos Plata, foi a mai do meu avó Manuel de Peruchela. 

 

Como comentei antes na casa da Escola pertencente aos Cerca.

A mai do Pepe da Cerca viuvo de Luisa da Ferreirúa, o pai de Luisa, Fina e Jose Lúis. Na actualidade  Jose Luis casado cuha de Vilalpape , ten en Bóveda un almacén de materiais de contruccións, coñecido como o Cortiñas, ten dous fillos, Iago e Oscar

Un tal Manuel Fernández, dos coñecidos e ricos Fernández de Bóveda, casou cunha das fillas dos Cercas de Piño.

Tivo varios fillos pero ao morrer a muller volveu a casar cunha irmá desta sendo o Pepe o último fillo.

Irmáns de Pepe, Anuncia Pepita, Maruja e Antonio.

Anuncia tivo a Ramiro, Toño e unha filla.

Ramiro a súa vez casou  con Marité  da casa do Baltasar de Santalla e foron a vivir a Pacios onde tiveron outros dous fillos, Ramiro e Toño.

Ramiro casou na Brence e as suas fillas son Lucia e Aldara.

{jcomments on}

A Elena era sobriña do Farnés. Filla dunha irmá que casou en Pacios de Veiga. A principios dos ochenta fíxose a casa onde veñen a pasar longas temporadas. O seu home Pepe é de Freituxe . Seus fillos son Jesús, Jose e María Elena. Teñen catro netos que veñen as veces de vacacións.

Pequena Aproximación

A casa do Murra está no barrete de Suhortos.

O Pai do Juan de Murra era dos Campelos e casou cunha filla da casa dos Murras, na actual casa dos herdeiros de Antonio do Murra.

Juan estaba casado cunha de Vales chamada Rosita, dos Andufos,  e nesta primeira casa naceu Antonio, Jovita e Javier.

-A mai da Gloria era irmá do Juan

-A sra. Jovita do Vila era irmá tamén.

Despois mercaron a terra onde está na actualidade. A Finca, xa tiña unha casa con caseiros e compráronlla ao Espinosa de Monforte,  150 Ferrados de terra,  trinta e cinco mil pesetas daquelas.

Os Carneras de Vales, viñeron a apuntalar a casa e esborrallouse . O pai non tiña para facer a casa nin para nada logo de gastar todo o que ganara en Cuba .

Os fillos que naceron na nova casa foron Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.

Antonio casou duas veces - Fillos Eva,  x , e María Carme

Javier casou cunha de Probeiros chamada Eva tiveron dous fillos - Actual casa de Nuria e Javier -

Jovita casou co  Antonio de Forguitaina - Narcita e Sita ..nais de Rosa e Ana Isabel respectivamente..

Elvira casou cun fillo da maestra que lle chamaban Angelito. Fillos Pepe e Angelines

Concha casou cun de Veiga da casa do Torres,  tiñan fillos ?

Anuncia casou có Benigno de  Veiga ... non tivo fillos

Avelina casou con Juan da casa da Cubana fillo do Sr. Juan da Cubana que viñera de Cuba..

O Sr . Juan da Cubana era irmao do Manuel do Justo.

 

Tags: ,

A principios do século XX, din que no ano nove,  cando naceu meu avó Manuel , contruíuse no lugar de Suhortos a que durante máis de cincuenta anos foi a casa da Escola en Piño.

D. Manuel da Cerca, dos Fernández de Bóveda,  pai do Pepe, Pepita, Anuncia, Antonio e Maruja a que a construíu. Quedouse coa parte da adega e arrendou o resto para vivenda dos mestres e aulas segregadas  por sexos.

Estivo en funcionamento ata que se inaugurou o colexio Publico da Pobra do Brollón alá polo 1972 + - .

No momento que se fixeron mixtos os colexios a escola de Piño  prescindiu dunha das partes  que foi na que viviu o Domingo da Cerca, home da Pepita, unha das fillas.

O  Domingo vendeuna aos curmáns, fillos da Anuncia, Toño e irmá. A outra parte xa era do Ramiro, tamén fillo de Anuncia que xa lle tocara a sua nai en herdanza.

Na actualialidade segue pertencento a descendentes desta familia da Cerca.

 

 

 

{jcomments on}

 

Coñecida como casa do Abelardo ainda que moita xente trasladou o nome da casa da muller, Pura a esta . Na actualidade está sita no Requeixo e todo o mundo nos referimos a ela como a casa da Germana e do Manolo

A Marina é dunha rama da casa de Gallego, seu pai que casou cunha da Ferreirúa. Son tres irmás, ela, Germana e Perfeuta, esta última vive na Ferreirúa. A súa casa está ao pasar o ceminterio parroquial de camiño a Bales, ou Vales, Marina casou con José da casa de Barroso e son os pais de Manolo, Joselito e Hilda. {jcomments on}

Antiga casa da Cantinera xa que nela houbo unha cantina. Nelita e Xesús son os pais de Toño, Mario e Marta. Na actualidade convive con eles Esther, irmá dela. Fai unhas semanas tivemos na igrexa parroquial unha misa pola súa filla, finada en EEUU, dun cangro.

Esta casa está no Requeixo.

Antonio Pérez Quiroga  casou con Jovita da casa dos Murra irmá de , Antonio, Javier, Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.

Á casa deste matrimonio chamóuselle e aínda se chama casa de Forriquitaina.

Antonio, irmao de Estrella, ambos fillos de Matilde Quiroga Casas e Avelino Pérez. A súa vez, Matilde, era filla de Manuel Quiroga Puente e Dolores Casas e Manuel Quiroga fillo de Francisco Quiroga e Maria Puente.

Unha vez falecido o matrimonio a casa pertence ás súas fillas e respectivas netas e bisnetas. 

 

A orixinal casa dos galgo ainda se pode ver en pé, tamén tiñan uns casetos detrás da casa da Cubana

APUNTES

O home da Carmen de Outeiro era dos Galgo.
O pai do Sabelucho era dos galgos, primo do home da Carmen
Os Galgo son Casas de apelido
De varios irmáns sairon varios descendentes que mudaron a vivir a outras casas con outro nome e que manteñen o apelido.
Severina, casada có Farnés, non tivo fillos. A Elena é filla dunha irmá do Farnés que casou cun de Pacios.
O Jesús, pai da Nelita, casou cunha dona do Fabeiro
Amable, mai da Manuela e da Amable. Na actualidade Manuela vive na casa do Campelo  e Amable e vive en Ribas na casa matrimonial.
Manuel que quedou co nome da casa na ubicación actual, casou coa Pura de  Mosteiro, son os pais de Pepe, Lucita, Manola e Suso.  

Fíxose cando era cura Manuel Antonio Sal y Camba.

Como  a igrexa estaba tan lonxe do lugar decidiron traela para a sua ubicación actual. Segunda metade século XIX  (aprox. 1880) .

Logo de rematar a igrexa e a retoral fíxo para a súa sobriña a actual casa do SOFECA.

a súa dona SILVINA  xa finada, era neta da sobriña deste párroco.

A igrexa constaba dun campanario de pedra de cantería. Nos anos 1940 un ciclón derrubouno e pasaron varios anos ata que se  volveu arranxar.

Fíxose de ladrillo e cemento, polo Xosé María de Santalla o pai do PARDO.

A sobriña do cura casou cun irmán do avó do Jerónimo de Carpinteiro.

 

 

 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 128 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.