Casa do Cristán

A casa do Cristán naceu dunha rama da dos Ferreirolos e levou ese  nome porque o dono era o Sancristán de Piño, seica o último en sacar o pendón nas procesións.

Deste personaxe ainda se contan hoxe historias como a de como se vestía para a misa diaria cos hábitos correspondentes ou como xa na vellez ía ao leito ben preparadiño porque dicía que desa noite non pasaba.

 A ubiciación desta casta estaría diante da casa orixinal deles "Ferreirolos", entre a casa de Carpinteiro e a nave que os Morales construiron na finca que lle comparon aos de Rei.

Matilde unha das fillas viviu en Ribas Pequenas e a súa filla Luisa  é a dona do único muiño que segue a funcionar na zona. A outra filla, Dolores, casou cun de terras de Samos e teñen unha finca con mazairas na herdanza dos seus pais, na Seara, limitando có antigo potro de levar as vacas a inseminar, cada ano veu a tratalas mentres puido e ten merecido o recoñecemento de ser as mellor podadas da contorna.

Nota: Texto en revisión engadiránse máis datos.

 

 

 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 805 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.