Esta casa é unha das máis antigas que quedan en pé na nosa parroquia.
Hai datos que apuntan que antigamente pertenceu ao Clero.
Fai máis de 150 anos compráronna os da casa de Barroso e viviron nela ata que mercaron a antiga casa Eirexa coa propiedade e onde construiron a actual casa Barroso.
Esta casa usouse de graneiro e de cuadras de animais no século XX.
Foi vendida en 2019 e na actualidade estase reformando.