Casa do Cuturro

Casa do Cuturro 

Ainda que figura como  desaparecida na actualidade segue en pé.  Está no Pacio e é a antiga Fragua onde viviu a Elisa e o Camilo.

Elisa da Casa dos Zouriles .  

O Cuturro era o irmau da Cuturra ( Casa da Cuturra ) . Tiña un fillo que  morreu asasinado cando andaba na sega en Castela e por iso lle deixou a súa sobriña a Elisa a casa.

Na actualidade logo de que fose vendida ao Ferrerías , logo do seu pasamento foi herdada pola súa filla quen na actualidade a ten á venda Antiga Fragua

En canto ao asesinato do fillo do Cuturro en Castela foille atribuido a un veciño de Eirexalba da casa do Cabazo que tiña moi mala fama, xa matara a outro home antes  da guerra en Rubián por non cederlle a parella e ao noso veciño clavoulle o fouciño da sega nas tripas.

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 110 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.