Casas Vendidas

SOBRE A CASA DO GAMBITO

Nos anos setenta a filla do Gambito mandou un Poder aos da Portela para vender as propiedades que deixaron en Piño.

Tratábase dalgunha finca e dunha pequena casa situada en Suhortos da que non queda nada.

Na antiga ubicación desta pequena casa,  nos anos oitenta, o Ramón da casa da Elia que viñera para Piño e montara un supermercado na casa nova da Yolanda, no Pedredo, mercou o recinto  e construiu un matadeiro para os becerros que vendía no supermercado. Hoxe segue en pe.

Non temos máis datos, o lugar de emigración da filla do Gambito foi  Bos Aires, lugar do que nunca voltou.

A súa casa é a actual casa do Benigno de QUEVEDO.

Poño pois a casa entre as desaparecidas xa que non queda ningún descendente vivindo ou con outra casa en Piño.

O Ronfe, chamábase Xosé.

Casou cunha irmá da Elisa da casa do ZOURIL, descoñecemos o nome.

Tivo dous fillos con ela Antonio e Javier

Casou en segundas nupcias con Aurea, da casa dos MARELOS, tivo un fillo Juanito. Parece ser que viviron de arrendo na casa do CARASTO.

Xosé o longo da súa vida trouxo a vivires con él aos seus tres fillos en distintas épocas pero acabou votandos a todos xa que ningún lle resultaba o idóneo ... Antonio, traballou en Renfe e  viviu en Piño algún tempo, cando foi maior seu pai levouno para Madrid onde alí morreu. Dicíase que a muller do Antonio do Ronfe era madrileña que nacera xustiño a carón da Porta do Sol.

O outro fillo Javier, casou cunha de Ferreiros da casa dos ARCADIO, dos fotógrafos

Parece ser que o tal Antonio do RONFE.. que non hai tantos anos que finou e que moitos lectores desta Web seguro que lembrades .. tivo dous fillos e unha filla.. Froito desta filla parece ser que é Tomas Gómez. O recordo del é de que era boa persoa. O seu pai Xosé tamén resultaba bó para os veciños e non tanto para as súas donas.

{jcomments on}

A cantina do Marcial é recordada polos mais maiores.

Podes ver fotos do Marcial coa súa familia no seguinte enlace http://webpino.com/villarrubia.htm, xa que Carlos Villarrubia é neto del.

A casa estaba sita no Requeixo, na actualidade existe pero mudou de nome xa que alo menos a casa foi comprada polos Xastre, cando decidiron mudar de sitio do fondo do lugar e virse para eiquí.

Das fillas de Marcial temos a Amelia, a mai de Carlos Villarrubia, a Teresa , viuva do Couto, vive en Ribas Pequenas ......

Seica na cantina había unhas follas de bacallau que colgaban ata o chan das que ainda hoxe se fala.

Parece ser que o Marcial, din os rumores que foi o pai do Manuel de Amante, pero éste sempre renegou del e mais ainda logo de que de cativo lle dera unha meninxites que o deixou tolo.

 

Na actualidade é a casa de Estrella de Forguitaina, a que lle envio as miñas condolencias públicas pola morte dun neto, fillo da Fidelina, súa filla finada hai uns poucos anos.

O Merelle era Guardia Civil xubilado, tamén era carpinteiro,  tiña unha vitrola e ia a rapazada de Piño alí a bailar, daquela fai cen anos era unha gran modernidade, nas aldeas vivia xente que descubria pouco a pouco a tecnoloxia, como agora moitos de vos có mundo de Internet e a Informática.

Cando el casou cunha do Incio que proviña de Formigueiros, onde hai vestixios dun castro, vendeuna.

A casa comprouna un irmau da María da casa do Carballal que viñera de Cuba e que casou con Estrella.

Na actualidade é a nosa veciña mais lonxeva que aló menos eu coñezo. con 105 anos, creo lembrar.

{jcomments on}

O nome da casa ven aló menos de principios do século XIX.

Ambrosio Rodríguez Escaleira casado don Leonarda Fernández tiveron cinco fillos Juana, Margarita, Antonio, Lorenzo, María e Manuel.

Juana casou con Pedro López (Plata) que a súa vez tiveron por fillo a Serafín López Rguez que casou con Maria Josefa Díaz Glez (Mari Pepa da Casa Celestino Suhortos).

Os fillos deste matrimonio foron, Eugenio morto na guerra, Manuel meu avó, . Jesusa emigrada en Arxentina.......etc .

Os últimos habitantes desta casa do barrete do Requeixo foron a Josefa e o seu irmao finado ultimamente, a quenes todos coñecian como o Escaleira.

Esta parella de irmáns foron os últimos en xunguir os bois na nosa parroquia, a principios dos oitenta por última vez.

Na actualidade e ao morrer a casa pasou aos seus parentes de Vales quenes a venderon á neta do finado Benigno de Quevedo. 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 184 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.