A súa casa é a actual casa do Benigno de QUEVEDO.
Poño pois a casa entre as desaparecidas xa que non queda ningún descendente vivindo ou con outra casa en Piño.
O Ronfe, chamábase Xosé.
Casou cunha irmá da Elisa da casa do ZOURIL, descoñecemos o nome.
Tivo dous fillos con ela Antonio e Javier
Casou en segundas nupcias con Aurea, da casa dos MARELOS, tivo un fillo Juanito. Parece ser que viviron de arrendo na casa do CARASTO.
Xosé o longo da súa vida trouxo a vivires con él aos seus tres fillos en distintas épocas pero acabou votandos a todos xa que ningún lle resultaba o idóneo ... Antonio, traballou en Renfe e viviu en Piño algún tempo, cando foi maior seu pai levouno para Madrid onde alí morreu. Dicíase que a muller do Antonio do Ronfe era madrileña que nacera xustiño a carón da Porta do Sol.
O outro fillo Javier, casou cunha de Ferreiros da casa dos ARCADIO, dos fotógrafos
Parece ser que o tal Antonio do RONFE.. que non hai tantos anos que finou e que moitos lectores desta Web seguro que lembrades .. tivo dous fillos e unha filla.. Froito desta filla parece ser que é Tomas Gómez. O recordo del é de que era boa persoa. O seu pai Xosé tamén resultaba bó para os veciños e non tanto para as súas donas.
{jcomments on}