Xuño 2018

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

PRIMEIRA SEMANA DE MES

Comezamos o mes celebrando o  sábado día dous na igrexa parroquial o cabodano da sra. Amable Díaz da casa Benjamín de Campelo e a muller de Benigno de Quevedo.

O domingo día tres non celebramos a misa do Corpus Cristi tal e como viñeramos celebrando sempre por haber  misa o sábado e a avanzada idade  do cura párroco así como a falta de participantes fixo que alo menos nesta primeira fin de semana de mes non se celebrara.

Comentar que a falta de tempo obrígame a facer menos entradas na páxina. Engadin tres fontes de noticias na portada para que  cando entredes podades ollar noticias de actualidade.

Teño que comentar unha crítica á malversación de diñeiro público que se fai diante das nosas narices por parte de empresas subcontratadas que supostamente teñen que parchear pistas. Dende estas liñas suxerir , por se alguén con poderes pode facer algo, que vaian metendo nun peto  o que aforren de non facer este tipo de actuacións,  xa que,   este espectáculo público de botar cunha pala riba dun bache encharcado e sen limpar unha presa de amasado de alquitrán con gravilla e deixarlo sen cubrir,  sequera,  e facer isto con medio de cada cento deles que hai, isto  é prevaricación, por si alguén no sabía moi ben o significado, isto  non é outra cousa que facer unha cousa sabendo que está mal feita.

"Proviene de praevaricari y tiene un origen más curioso. En las labores del campo designaba la acción de torcerse al arar un surco y salirse de la recta (prae = delante, varicari = torcerse). Con su paso al mundo jurídico, tomó el significado de apartarse de la norma moralmente recta."

Por outra banda  recuperar á figura de caminero é unha necesidade para as nosas parroquias e vilas xa que os Concellos non se encargan do mantenemento nin a Deputación tampouco.

Remitir unha carta a diputación de Lugo expresandolle o malestar que temos en Piño  pola falta de arranxo dos 150 metros de carretera de acceso que temos a entrada dende a nacional é outra necesidade sen cubrir así como apremia tamén limpar os perexiles que xa non permiten unha circulación segura por ela.

Así que da igual quen goberne que hai moito que facer e pouco interese en facelo por parte de todos. Non hai vontade.

Proximamente poñerei unhas fotos para que podades constatar o que acabo de dicir.


MEDIADOS DE MES

O venres día 8 faleceu na casa Morales, Doña Remedios Rguez Fdez oriúnda da casa Blanco de Ribas Pequenas e que levaba setenta anos sendo veciña de Piño  por casar con  Manuel Morales. O domingo ás sete e media da tarde celebrouse a misa de funeral na igrexa parroquial e deseguido o seu  traslado ao ceminterio parroquial.  Multitude de persoas de todos os pobos colindantes viñeron a darlle o último adeus. Era moi querida  e coñecida por todos pese a ser tachada moitas veces de curiosa. É  ben sabido que lle gustaba investigar e estar á última do que acontecía . Esa maneira de ser fixo que fose criticada moitas veces por todos pero do mesmo xeito gañouse o respecto e o cariño da xente,  xa que era servicial, disposta e  traballadora  . Era unha persoa que ía de frente e non se andaba con medias tintas, amiga de contos pero sobre todo amiga de axudar aos demais.  Deixa pois un vacío importante na nosa parroquia que perdeu neste fin de semana a unha das súas persoaxes máis entrañables. D.E.P.

E mentres en Piño estivemos de loito en San Xiao de Veiga estiveron celebrando as festas do Corpus Cristi, con misas solemnes, procesións, xantar popular, fogos artificiais e  orquestas á noitiña.   A esta parroquia pertencen os lugares de Centeáis e parte de Vales aínda que os enterros fanos en Piño.

O mércores 13 de xuño celebramos o San Antonio en Piño cunha misa na que participaron máis dunha vintena de persoas.


FINAIS DO MES

As cegoñas están a piques de marchar, como podes ver na imaxe xa están grandes e fortes.

Tamén vemos como có calor a xente madruga a camiñar ben cedo.

E na última imaxe aparecen dous papeis de convocatoria para reunións dos membros da asociación veciñal Santa Bárbara e dos comuneiros da de montes para o próximmo día 30, unha deseguido da outra.

E así rematamos o mes. Expreso sí,  o meu rexeitamento público a tala das árbores autóctonas do común se non hai un acordo de arrendamento que xenere ingresos para o pueblo. Non comparto o de arrasar có noso a cambio de nada . Deixarse untar  por subvencións que benefician a terceiros e van en contra dos intereses dos veciños.

 

 

@2018 Peruchela

Temos 223 anónimos e ningún membro en liña