Febreiro 2019

O sábado día dous celebrouse na igrexa parroquial a bendición das candelas e as roscas para o San Brais.

Este mes son os compadres e as comadres. O ano pasado puidemolos ver na praza España e este ano imos ver se as mulleres están animadas.

En canto a outras novas  :

Xa está a granxa de porcino en funcionamento, a finais de xaneiro trasladaron a ela aos animais.

As asociacións actuais da parroquia, a de Montes e a Santa Barbara celebraron nestes primeiros días de mes asambleas ordinarias.

O potro xa ten dadas as masas ao redor e no interior .

Seguen a talar masivamente os pinares  de particulares.  Hai unha alta demanda de pino para moer  e facer taboeiros.

 

 

Prensa, Revistas, Fotocopias, Fax, Agasallos, 

Libros de Texto, Ocio, Especializados...

Postais, Sobres, Sellos, Papelería en Xeral

2005 - 2019 Peruchela

Temos 263 anónimos e ningún membro en liña