REMATANDO O MES DE XUÑO
Tamén falleceu aos 99 anos de idade o Manolo de Asturiano, a misa de funeral e enterro será o venres 21 de xuño .
TEMPO DE HERBA
É tempo de herba para as familias que viven do agro e do leite. Tempo de traballo.
ACÉRCASE O VERAO
Levaba moito tempo sen haber un acto relixioso tan multitudinario na nosa parroquia. Orihunda de Rivas Pequenas, Remedios era unha persoa moi coñecida e que non fallaba nunca aos enterros e cabodanos dos amigos e coñecidos dos arredores. Xente do seu pobo natal, Ribas Pequenas, de Eixón, Santalla, Pacios, Viduedo, Ferreirúa etc etc..correspondeulle coa súa presenza á misa de funeral que na súa memoria se celebrou.
E co mes de xuño os galegos emigrados á Barcelona comezan a volver á nosa parroquia como a outras de Galicia. O bon tempo fai que se animen a vir a pasar os tres ou catro meses que acostuman a pasar na terriña, ao ano. Con eles os lugares anímanse un pouco máis.
As horas de luz desta época fan que as labouras do campo se extendan ata altas horas do que en inverno sería media noite.
Este ano parece un bon ano de froitas. Hai cereixas, ameixas e pavias. Os racimos van bastante ben.