NADAL

Sobre os montes comunais

Unha comuninade de montes veciñais, non ten socios ten comuneiros.

Soamente se perde a condición de comuneiro por renuncia expresa, por defunción ou por non cumplir có requisito para selo, vivir alo menos dez meses no lugar ao que pertencen eses montes.

Un comuneiro pode delegar o seu voto noutro comuneiro pero de ningunha maneira nun familiar.

As reunións hai que convocalas tal e como refliten os estatutos e publicalas nos lugares previstos

O respeto é preciso e a formación imprescindible

A ignoracia non exime as responsabilidades nin as obrigas

A miña opinión sobre as terras comunais do territorio que ocupa a parroquia de Santa María de Piño, que neste caso é a que me afecta.

Cabe destacar que a situación que describirei a continuación estase a realizar por parte de moitas comunidades de montes en moitos outros lugares de Galicia, non é un problema exclusivo do noso monte.

Dende a asociación veciñal Santa Bárbara á que promovín e a que pertencía e da que fun secretaria, puxéronse en marcha os trámites precisos para a creación da nosa comunidade de montes, que foi recoñecida polo xurado provincial de montes veciñais en man común o desecete de decembro de 2008, según reflicten os estatutos. Non vou entrar no que fixemos e no que non fixemos dende entón e tampouco vou poñer o que pasou nin o que está acontecer.

Informáronme de palabra  que o mapa que me facilitaran en medio rural sobre a pertenencia a Rede Natura do noso monte comunal non era tal. Dixéronme que o mapa que me aportaron era unha ampliación da rede natura que se fixera por esixencias europeas pero que agora ao non ser precisas desestimarase e deixara de pertencer a ela.

Independentemente de que estean os terreos da comunidade de montes en Rede Natura ou non, aféctame como veciña que unhas poucas persoas decidan en "nome propio" actuar e organizar o territorio en propio beneficio sen respectar o medio natural e as  nosas arbores autóctonas sitas nos humidais onde crían as aves .

Converter en prados un monte comunal que non está producindo pode parecer  unha boa idea pero hai que valorar as consecuencias de esta actuación.

Como veciña da parroquia,  teño os mesmos  dereitos sobre as terras comunais que os demais,  e  a  necesidade de  contar con unhas árbores autóctonas ás que nalgún momento poder recurrir en caso de necesitalo e de non necesitalo, deixar que sigan medrando e se convirtan en árbores senlleiras testemuña do hoxe para o futuro.

Opóñome publicamente a que uns cantos veciños en ansias de ampliación de terras para regar con puríns e facer pasteiros talen e queimen a madeira que hai nelas, negando deste xeito a oportunidade a que outros veciños nos poidamos aproveitar do monte.

En moitas Comunidades de Montes está a suceder este tipo de cousas. Chamo a rebeldía sobre as inxustizas que uns poucos queren acometer no territorio.

 

 

 

2005 - 2018 Peruchela

Temos 612 anónimos e ningún membro en liña