A Contribución

" El Impuesto sobre Bienes Inmuebles El IBI es un tributo directo de carácter real, de titularidad municipal y exacción obligatoria que grava el valor catastral de los bie nes inmuebles en los términos establecidos en los artículos 60 a 77 del TRLRHL. Se trata de un impuesto de devengo periódico y de gestión compartida con la Administración del Estado."

Xa fai días que quero comentar publicamente sobre o tema da contribución das casas.

En Webpino, xa fai uns meses comentara de que andaban revisando novas e melloras nas construcións.  Por esa revisión feita por unha empresa privada subcontratada polo Estado, pasoúsenos un recibo de revisión de 60€ por propiedade construída ao noso nome.  En moitos dos casos as construcións onde se albergan as galiñas, cans e gatos, viñeron gravadas e foron de  nova inclusión.

En canto ás fincas rurais o valor tamén se lle incrementou.

Chegamos ó punto onde ven o recibo de dita contribución polas casas. No suposto que o valor catastral do lugar xa fose revisado en anos anteriores a subida non pareceu tan esaxerada pero cando se actualiza de novo o valor e pasa de estar tasado en 4000 € a tasarse en  40000€ é ei onde se nota unha gran suba.

O valor catastral é o valor no que o Estado taxa a túa casa, as túas propiedades.

Case sempre é un valor irreal xa que na actualidade ninguén  neste medio rural che paga polo que tés,  tan alta taxación, que aínda que  noutros momentos da nosa historia recente estivo moi por debaixo, hoxe por hoxe todo apunta a dicir que non, que non o vale, xa que non hai ninguén disposto a pagarche esa suma.

Ademais da suba dese valor catastral aprobada polo goberno do PP, na pasada lexislatura, aprobáronse unha serie de  particularidades como a que segue:

- Si o concello onde está localizada a túa vivenda ten débedas o valor do recibo incrementarase ata nun 1% do valor catastral, que irá destinado a ese concello,

En que si temos culpa ou non de que o noso concello deba, non vamos a entrar.

De oídas  digo que seica si o concello debe e fai unha boa xestión administrativa pode reducir ese 1% ao 0,4%,  xestión que no noso concello da Pobra do Brollón, quedou fóra de prazo, ou non sabemos xa que todo apunta a que cobraron ese 1% completo.

Moita outra xente pensa que un 1% non é nada, claro que parece pouco, e si o asocian a cantidade que pagaban antes pois claro que serían 5 ou 6 euros a maiores, pero non é así. Si pagabas 100 € non serían 101€ agora.

É o 1% do valor catastral, é dicir, si a nova taxación e de 40000Euros, pois o 1% son 400 € que lle tes que pagar ó concello a maiores do que xa ven de por si nesa contribución.

Comento tamén que nestes días o noso concello da Pobra do Brollón, e ante as queixas dos veciños, fixo pública unha nota informativa,onde se escusa e di que para o ano non será tan elevada.

Puntualizo que este artigo non está feito con datos físicos senón con datos  de oídas polo que unha vez acabado de ler si tes interese no tema e sabes máis podes comentalo ou buscar outras fontes para documentarte.

Deixo un enlace de interese http://www.rtve.es/noticias/20171231/actualizacion-del-catastro-sube-ibi-2018-1296-municipios-baja-otros-534/1652861.shtml

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 215 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.