Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA

I RUTA AO CASTRO

Subida ao Castro

En busca dos restos arqueolóxicos

ANDAINAS DO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN

Non fora posible ata agora establecer a ruta pola nosa parroquia, pero ao final co impulso do concello, no último momento conseguimos arrancar.
Na Ferreirúa e noutras parroquias xa comezaran o ano pasado e a esta iniciativa unímonos tamén os veciños de Piño.
Unha rica historia, un gran patrimonio paisaxístico e unhas lendas que nos levan a coñecer o pasado dos nosos antergos nesta mesma terra.
Un grupo de 24 persoas xuntámonos no adro da igrexa parroquial. Logo de explicar algo da historia da mesma, púxemonos camiño ao Castro.

Andaina en Piño

Coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón

ANDAINA POR PIÑO

....
....
Ao rematar de ver algúns dos restos arqueolóxicos que están no Castro separamonos e continuamos 20 persoas.
Chegamos ata  camiño de servizo de regadío do Val de Lemos e subimos a carreira de Suhortos.
As historias que se contaron e os datos que se deron a coñecer non trascenden a estas liñas,  quedan reservadas para vindeiras edicións .

E moi importante contar cos camiños acondicionados para facer este tipo de rutas. 
No vran a nosa parroquia  recibe aos seus habitantes emigrados a outras terras ou descendentes deles. Poder ter a opción de visitar o noso Castro é unha boa nova .
2005 - 2019 Peruchela

Temos 543 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}