Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA

Casa dos Marelos

Introducción

Non é tan doado como parece catalogar unha casa de desaparecida, neste caso as paredes  e o espazo que ocupou ainda se poden contemplar.

Moito que contar e moitos aos que lembrar desta casa.

Lémbrome da sra Consuelo, da casa dos Quiroga, irmá do pai do Manolo de Quiroga, moi boa muller.

Consuelo era a mai da Presenta e do Manolo . 

O home da Consuelo chamabase Salustio  era o herdeiro desta casa, ainda  que orixinalmente a súa casa estaba onde hoxe está a do Anxelito.

O irmán de Salustio era o Jesús que casou coa Flora.

A mai destes dous era coñecida como a Marela Vella. Un  día indo a misa ao Castro, deulle un arrepuxon ao Pedro do Zuco, avó do Manolo e rompeulle os pantalóns.

Polo visto  a casa dos Marelos situada ao lado do Pozo, enfrente da casa do Ferreirolo e ao lado da cantina do Marcial, foi feita polo novo matrimonio.

 

 Quen era a Presenta  ?

A Presenta, filla deste matrimonio casou co Antonio coñecido como o Albañil, que era dun concello da Coruña.

Tivo dous fillos, a Carmiña e o Pepe. 

Morreu aos  cincuenta anos, din que dun cangro. 

Co seu marido foi a vivir á casa nova que construiron  detrás do café, agora coñecida co nome da casa do Albañil,  na que viviu moi pouco tempo por mor da súa enfirmidade.

A súa filla Carmiña casou co Pepe do Galgo e marcharon a vivir a Bóveda onde se instauraron e tiveron a súa propia familia.

O seu fillo Pepe, quedou solteiro.

 

 Quen era  o Manolo ?

O Manolo de Marelo era o pai do Pipi, o avó de Xurxo. Fillo da Consuelo e do Salustio e irmán da Presenta.

Durante a súa vida adicouse a moitas tarefas, entre elas a de albañil.

Certa noite, non había luz pública e os camiños estaban enchidos de bulleiro, saiu do café dirección a súa casa  e no camiño chocou con outro que viña.

Ao día seguinte comentou co fillo, que chocara con alguén ao voltar á casa e resulta que fora o seu propio fillo e non se recoñeceran.

A muller do Manolo da Marela é a Manuela. 

Manuela é filla do José de Campelo e da Amable de Galgo, ten unha irmá que está en Ribas Pequenas que se chama Amable igual que a mai.

Amable de Galgo era irmá do Manuel (pai do Pepe, Lucita, Suso e Manola) e home da Pura (orihunda de Mosteiro) e do Jesús (Pai da Nelita, Esther...) da casa de Cantinera.

 

to be continue...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2005 - 2019 Peruchela

Temos 341 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}