Casa da Eirexa

Segundo chegou aos nosos días esta casa foi de fidalguería

O seu declive veu cando os derradeiros moradores   dela perderon todas as propiedades e todo en pleitos contra os veciños.

No común do Souto Grande, prantara uns castiñeiros e logo ao ser grandes, os mesmos veciños seica cun tronzón serráronos uns seis centímetros para facelos secar.

O certo é que esta casa existiu e foi moi, moi importante, ela e as súas propiedades.

Ocupaba un territorio que ia dende a esquina da casa dos Quevedo, a horta do Sono, a  actual casa de Barroso, todo o que teñen hoxe os Galgos, incluída a casa do Manuel menos a casa orixinal primeira que era a vella e a da Severina

IMAXEN   IMAXEN

Tiña mina e tiña unha noria. A principios do século XX aínda estaba en funcionamento, ou mais ben quedaban vestixios dela.

Na catastro do Marques da Ensenada  figura e tamén sábese que a actual horta da Elvira e o campiño do lado da Oliva de Barroso  pertenceron a esa casa así como todo Lama Redonda, onde está a antiga cabana de pastoreo.

1·"Candido"

Referencia ao nome do último habitante por María Filomena Balboa Vázquez

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Considere axudar ao mantenemento desta WEB

Peruchela Rocío (2005 - 2020)

Temos 373 anónimos e ningún membro en liña