Tomás da Vila, o Enterrador

TOMAS DA VILA

Casa DaVila, de Amande

Quixo o destino que esta historia fora pública logo de que transcendera a través dos séculos de boca en boca dado o mal que sufriu o Tomás da Vila. Ainda hoxe queda en pe unhas das paredes da que fora a súa casa.

Entre as súas propiedades estaba unha das mellores fincas do pueblo, na actualidade da casa de García, a finca da costa de Piño, enriba do Fontao.
Contan que seica Tomás vendeullela a un  amigo e veciño por unha determinada cantidade de diñeiro. O pasaren uns meses, o veciño comprador presentouse na casa de Tomás a pedirlle encarecidamente un gran favor, que lle prestara os cartos que pagara polo prado para solventar un problema urxente e que nuns días llos devolvería.
Un confiado e Incauto Tomás prestoullos. Pasaron os días e o diñeiro non volvía. Pasou o tempo e tivo que reclamallos e daquela soubo que xamais os voltaria a recuperar, nin os cartos nin o prado o que o levou a tolear prendéndolle lume ata a casa.


O final non lle quedou máis remedio que convertirse no enterrador da nosa vila ata o fin da súa,  para  se poder manter. 


O comprador tiña fama de moi mala persoa; conta a lenda que a noite que morreu tres gatos negros o foron a esperar a ventá do seu cuarto e a xente di que era o mesmo Demo o que lle foi buscar a alma.

Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA
2005 - 2019 Peruchela

Temos 759 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}