O José de Campelo en América

Realidade convertida en Lenda

O José de Campelo foi o avó do Pipi, o bisavó do Xurxo.

De mozo tivo que emigrar como fixeron centos  e miles de galegos  na procura  dun lugar onde gañar diñeiro. 

O José marchou para EEUU a principios do século pasado. Marchou traballar de pastor ás terras do norte  onde estivo máis de 20 anos.

Contáballe aos nenos da aldea, ao seu regreso, as historias que lle alí lle aconteceran.

Regresou con máis de corenta anos a Piño cun motón de diñeiro que gañara  en troques de pasar longos periodos de tempo aillado cos animais, de pastor, sin mediar palabra con ninguén,  máis que cada tres meses cando lle levaban víveres. A súa única compaña eran os cans-lobos que el mesmo adestraba e lle axudaban a coidar do gado.

Foi pois ao voltar cando se casou e formou a súa  propia familia.  Convertiuse nun prestamista, daquela non existían os bancos e lamentablemente perdeu a maioría do gañado por non recuperar o préstado. Nalgúns casos tivo que quedarse  coa fianza que non cubría o importe do préstamo.  

 

 

Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA
2005 - 2019 Peruchela

Temos 977 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}