As aparicións da Virxe

Van pasando os anos e vaise quedando cada día máis lonxe o século XVII que é o que nos temos que remontar para ir a orixe desta lenda.

A igrexa orixinal da nosa parroquia estaba no Outeiro  ainda que se levaba a enterrar ó Castro. O motivo polo  que de alí se cambiou foi pola repetida  aparición da imaxe da virxe  tras un espiño.  A xente do lugar dicía que era un milagre e o cura párroco dicía que si a imaxe aparecera alí e qué  daquela Deus  quería que se construíra a nova igrexa nese lugar.  Así foi e así se construíu novamente na cima do Castro, co seu cemiterio adosado, onde aínda hoxe están os restos dalgúns dos invasores galos que viñeron a conquistarnos a principios do século XIX. 

Do anterior cimenterio situado tamén no Castro inda quedan vestixios. Os máis vellos contaron que de pequenos ainda lembraban os muros e a porta onde había unha burata que contiña unha calaveira.

Contan  que pasado máis dun século da construción da igrexa na cima do Castro, volveu aparecer a imaxe da virxe no actual sitio e os veciños, abraiados por semellante aparición, volveron a facerlle caso o párroco e  construíuse a igrexa no sitio que está na actualidade.

Foi o cura SAL, o que trouxo a igrexa para a súa ubicación actual fai uns 150 anos.

A lenda pon de manifesto a perseveranza da igrexa para provocar milagres o seu entoxo e conveniencia, cousa que debería facer todo o mundo con sentido do ben, e non como fan algúns que so pensan en dañar. 

Logo duns anos de estara igrexa  onde está na actualidade, voltou a aparecer a imaxe da virxe noutro sitio, mais esta vez os veciños, mais abispados que en séculos anteriores, ou quizáis máis pobres, reveláronse contra do cura e a igrexa quedou onde está.

O largo de máis de dous séculos, os diferentes curas de Piño, tiveron en común o segredo da aparición da virxe e de complice ó sancristán pra mover a imaxe o seu antoxo.

Fonte dos Curas do Castro

Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA
2005 - 2019 Peruchela

Temos 1041 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}