Fidalguería - Pazos

Segundo chegou aos nosos días esta casa foi de fidalguería.
O seu declive veu cando os seus derradeiros moradores perderon todas as propiedades en pleitos contra os veciños..
No común do Souto Grande, o seu dono plantara uns castiñeiros. Cando xa eran grandes, os mesmos veciños, seica cun tronzón serráronos uns seis centímetros para facelos secar o que desemboucou nun pleito que levou a esa familia a marchar.
O certo é que esta casa existiu e foi moi, moi importante, ela e as súas propiedades. Ocupaba un territorio que ia dende a esquina da casa dos Quevedo, a horta do Sono, a  actual casa de Barroso, todo o que teñen hoxe os Galgos, incluída a casa do Manuel de Galgo, menos a casa orixinal primeira,  que era a vella e a da Severina.
Tiña Mina e Noria da que a principios do século XX aínda quedaban vestixios .
Na catastro do Marques da Ensenada  figura e sábese que a actual horta da Elvira e a parcela colindante pertenceron a esa casa así como todo Lama Redonda, onde está a antiga cabana de pastoreo.

"Candido"  -   Referencia ao nome do último habitante por María Filomena Balboa Vázquez 

Sabemos que no ano 1.634 da nosa era, construíuse  unha capela na actual Finca de Balboa, por D. Matías López Pallares que aínda se conserva en pé. Unha mina de auga e un pombeiro no medio da finca categorizaban a propiedade.
O médico de Balboa, D. Manuel deixoulle a casa en herdanza a súa filla Rosa que casou cun da Hermida de Quiroga da casa de Velasquillo. Marchou e deixou as propiedades na man de caseiros.  Tivo varios fillos entre eles Ramón, Amable, Pepe, Luís, Carlos, Pedro, Antonio e dous que faleceron cando xa se ian ordenar curas. A casa quedoulle a Amable e supostamente deixoulla  a Ramón. Ao falecer ambos solteiros a propiedade voltou a ser de outra Rosa, María Rosa, sobriña destes. Na actualidade a situación da finca é bastante lamentable, o pombal,  así como a mina, as cuadras  e a casa a piques de esborrallarse.
A capela xa se pode ver nas imaxes a restauración que sufriu.

O último fillo que se lembra quedou da casa dos de Lugo, foi chamado J. Mª Rguez Balboa fillo dun dos Lugo cunha dos Balboa.
Os seus pais, descoñecemos o nome, morreron moi novos dunhas febres quedando orfo. A maiores un gran incendio destruiu toda a casa e toda a documentación, e papeis transcendentais.
O seu tío o Médico de Balboa, fíxose cargo del, arrendou as propiedades da casa e mandouno estudar a Santiago de donde saliría convertido en farmaceútico. Na Pobra do Brollón montou unha farmacia e casou cunha prima irmá, filla de seu tutor "O Médico de Balboa".
Na súa vida non vendeu propiedade ningunha, soamente o solar onde estaba ubicada a casa que collería parte da actual casa da Cubana e dos patios da Nelita. Todos os veciños do pobo levaban algunha finca que fora no pasado dos desta  casa fidalga.
Na actualidade hai unha fonte que leva o nome por terlles pertencido.

MAIS DATOS SOBRE O APELIDO LUGO 

Historia do apelido LUGO

http://apelidosgalicia.org/Lugo-2218

 

A antiguedade do apelido Quiroga remóntase a antes da chegada dos mouros e moitos son os autores que o sinalan como de orixe real e nobre.

Conta a historia que un cabaleiro desta linaxe defendeu a entrada de Galiza contra os Mouros usando estacas calzadas cun ferro feito polo cal as tomou como blasón, datos confirmados polo Rey de Armas de Felipe IV, don Juan Francisco de Hita.

A fama de caritativos dos Quiroga quedou constatada nas numerosas donacións que fixeron a Orde de San Xoán.   A igrexa de San Pedro do Hospital do Incio ten un panteón desta casa. Seguramente contaban con propiedades en Piño e ao mellor algún descendente desta linaxe estableceuse dando lugar a actual casa Quiroga.

 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 75 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.