En Suhortos, a mai de Julio, o seu actual dono era irmá do Sindrán.
A actual casa do Justo está na zona do Pacio, chegando a Suhortos.
A principios do século XX, din que no ano nove, cando naceu meu avó Manuel , contruíuse no lugar de Suhortos a que durante máis de cincuenta anos foi a casa da Escola en Piño.
D. Manuel da Cerca, dos Fernández de Bóveda, pai do Pepe, Pepita, Anuncia, Antonio e Maruja a que a construíu. Quedouse coa parte da adega e arrendou o resto para vivenda dos mestres e aulas segregadas por sexos.
Estivo en funcionamento ata que se inaugurou o colexio Publico da Pobra do Brollón alá polo 1972 + - .
No momento que se fixeron mixtos os colexios a escola de Piño prescindiu dunha das partes que foi na que viviu o Domingo da Cerca, home da Pepita, unha das fillas.
O Domingo vendeuna aos curmáns, fillos da Anuncia, Toño e irmá. A outra parte xa era do Ramiro, tamén fillo de Anuncia que xa lle tocara a sua nai en herdanza.
Na actualialidade segue pertencento a descendentes desta familia da Cerca.
{jcomments on}
A casa do Murra está no barrete de Suhortos.
O Pai do Juan de Murra era dos Campelos e casou cunha filla da casa dos Murras, na actual casa dos herdeiros de Antonio do Murra.
Juan estaba casado cunha de Vales chamada Rosita, dos Andufos, e nesta primeira casa naceu Antonio, Jovita e Javier.
-A mai da Gloria era irmá do Juan
-A sra. Jovita do Vila era irmá tamén.
Despois mercaron a terra onde está na actualidade. A Finca, xa tiña unha casa con caseiros e compráronlla ao Espinosa de Monforte, 150 Ferrados de terra, trinta e cinco mil pesetas daquelas.
Os Carneras de Vales, viñeron a apuntalar a casa e esborrallouse . O pai non tiña para facer a casa nin para nada logo de gastar todo o que ganara en Cuba .
Os fillos que naceron na nova casa foron Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.
Antonio casou duas veces - Fillos Eva, x , e María Carme
Javier casou cunha de Probeiros chamada Eva tiveron dous fillos - Actual casa de Nuria e Javier -
Jovita casou co Antonio de Forguitaina - Narcita e Sita ..nais de Rosa e Ana Isabel respectivamente..
Elvira casou cun fillo da maestra que lle chamaban Angelito. Fillos Pepe e Angelines
Concha casou cun de Veiga da casa do Torres, tiñan fillos ?
Anuncia casou có Benigno de Veiga ... non tivo fillos
Avelina casou con Juan da casa da Cubana fillo do Sr. Juan da Cubana que viñera de Cuba..
O Sr . Juan da Cubana era irmao do Manuel do Justo.
Na actualidade a casa que leva este nome foi construida por José Manuel quen lle mercou as distintas casas que conformaban a actual a distintas partes, entre elas a parte da Casa da Cuturra
En canto me sexa posible vincularei estas tres casas a traves das persoas que coñezo.
Mentres podes visitar a Casa do Murra -
Hoxe pertence a José Manuel Carril Balboa, casa da Nesa
O irmau do pai do Xesús de Anesa, tamén era Xesús de nome. Casou con Mercedes, filla de Estrella e de José, Estrella a súa vez era oriunda desa casa xa que a súa mai era de alí. O seu tío foi Tomás Davila. O nome da casa De Amande ven a raiz do casamento de Estrella con José que viñera da casa de Amande de Canedo.
Antigamente, esta propiedade que nun tempo era unha das casas boas de Piño, era coñecida có nome da casa Da Vila. Estrella fíxose con todo ela, incluida unha adega que tiñan os da montaña gardando o viño que mercaban no mesmo pobo. Estrella, mai de Mercedes como antes dixen, cultivaba na horta da súa casa prantas menciñais. Filomena de Torbeo, máis coñecida có nome da Bruxa de Torbeo, mandaba aos seus pacientes a recoller as herbas menciñais para sanar, a Piño, a casa de Estrella da Vila, que logo do seu casamento con José de Canedo da Casa de Amante, tomou o nome da casa.
RESTOS ANTIGA CASA DA VILA
Esta casa está no Requeixo.
Antonio Pérez Quiroga casou con Jovita da casa dos Murra irmá de , Antonio, Javier, Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.
Á casa deste matrimonio chamóuselle e aínda se chama casa de Forriquitaina.
Antonio, irmao de Estrella, ambos fillos de Matilde Quiroga Casas e Avelino Pérez. A súa vez, Matilde, era filla de Manuel Quiroga Puente e Dolores Casas e Manuel Quiroga fillo de Francisco Quiroga e Maria Puente.
Unha vez falecido o matrimonio a casa pertence ás súas fillas e respectivas netas e bisnetas.
{jcomments on}
A orixinal casa dos galgo ainda se pode ver en pé, tamén tiñan uns casetos detrás da casa da Cubana
APUNTES
O home da Carmen de Outeiro era dos Galgo.
O pai do Sabelucho era dos galgos, primo do home da Carmen
Os Galgo son Casas de apelido
De varios irmáns sairon varios descendentes que mudaron a vivir a outras casas con outro nome e que manteñen o apelido.
Severina, casada có Farnés, non tivo fillos. A Elena é filla dunha irmá do Farnés que casou cun de Pacios.
O Jesús, pai da Nelita, casou cunha dona do Fabeiro
Amable, mai da Manuela e da Amable. Na actualidade Manuela vive na casa do Campelo e Amable e vive en Ribas na casa matrimonial.
Manuel que quedou co nome da casa na ubicación actual, casou coa Pura de Mosteiro, son os pais de Pepe, Lucita, Manola e Suso.
Fíxose cando era cura Manuel Antonio Sal y Camba.
Como a igrexa estaba tan lonxe do lugar decidiron traela para a sua ubicación actual. Segunda metade século XIX (aprox. 1880) .
Logo de rematar a igrexa e a retoral fíxo para a súa sobriña a actual casa do SOFECA.
a súa dona SILVINA xa finada, era neta da sobriña deste párroco.
A igrexa constaba dun campanario de pedra de cantería. Nos anos 1940 un ciclón derrubouno e pasaron varios anos ata que se volveu arranxar.
Fíxose de ladrillo e cemento, polo Xosé María de Santalla o pai do PARDO.
A sobriña do cura casou cun irmán do avó do Jerónimo de Carpinteiro.
Vendida aos Murras, na actualidade veñen a pasar uns días ao ano Javi e a súa irmá Nuria coas suas respectivas familias.
O David era tío do Jesús Da Nesa. Pronto vos contarei a súa historia.
Quen non coñece o café que teña máis de corenta anos e ten relación con Piño ?? .
Non penso que haxa ninguén .
O local sito na casa do Castor e da Anita foi lugar de xuntanza dos homes da vila durante varias décadas..
Xa non hai café en Piño e din que unha cantina non lle acaería mal. Ao mellor queda alguén para ir.
Dentro de non moito tempo non quedará ninguén, seguramente seremos un lugar pantasma pero, mentres hai café, abofé que hai alguén.