Quen non coñece o café que teña máis de corenta anos e ten relación con Piño ?? .
Non penso que haxa ninguén .
O local sito na casa do Castor e da Anita foi lugar de xuntanza dos homes da vila durante varias décadas..
Xa non hai café en Piño e din que unha cantina non lle acaería mal. Ao mellor queda alguén para ir.
Dentro de non moito tempo non quedará ninguén, seguramente seremos un lugar pantasma pero, mentres hai café, abofé que hai alguén.
Fíxose cando era cura Manuel Antonio Sal y Camba.
Como a igrexa estaba tan lonxe do lugar decidiron traela para a sua ubicación actual. Segunda metade século XIX (aprox. 1880) .
Logo de rematar a igrexa e a retoral fíxo para a súa sobriña a actual casa do SOFECA.
a súa dona SILVINA xa finada, era neta da sobriña deste párroco.
A igrexa constaba dun campanario de pedra de cantería. Nos anos 1940 un ciclón derrubouno e pasaron varios anos ata que se volveu arranxar.
Fíxose de ladrillo e cemento, polo Xosé María de Santalla o pai do PARDO.
A sobriña do cura casou cun irmán do avó do Jerónimo de Carpinteiro.