Contemporáneas

Esta casa está no Requeixo.

Antonio Pérez Quiroga  casou con Jovita da casa dos Murra irmá de , Antonio, Javier, Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.

Á casa deste matrimonio chamóuselle e aínda se chama casa de Forriquitaina.

Antonio, irmao de Estrella, ambos fillos de Matilde Quiroga Casas e Avelino Pérez. A súa vez, Matilde, era filla de Manuel Quiroga Puente e Dolores Casas e Manuel Quiroga fillo de Francisco Quiroga e Maria Puente.

Unha vez falecido o matrimonio a casa pertence ás súas fillas e respectivas netas e bisnetas. 

 

A orixinal casa dos galgo ainda se pode ver en pé, tamén tiñan uns casetos detrás da casa da Cubana

APUNTES

O home da Carmen de Outeiro era dos Galgo.
O pai do Sabelucho era dos galgos, primo do home da Carmen
Os Galgo son Casas de apelido
De varios irmáns sairon varios descendentes que mudaron a vivir a outras casas con outro nome e que manteñen o apelido.
Severina, casada có Farnés, non tivo fillos. A Elena é filla dunha irmá do Farnés que casou cun de Pacios.
O Jesús, pai da Nelita, casou cunha dona do Fabeiro
Amable, mai da Manuela e da Amable. Na actualidade Manuela vive na casa do Campelo  e Amable e vive en Ribas na casa matrimonial.
Manuel que quedou co nome da casa na ubicación actual, casou coa Pura de  Mosteiro, son os pais de Pepe, Lucita, Manola e Suso.  

A casa do Murra está no barrete de Suhortos. O Pai do Juan de Murra era dos Campelos e casou cunha filla da casa dos Murras, na actual casa dos herdeiros de Antonio do Murra. Estaba casado cunha de Vales chamada Rosita e nesta primeira casa naceu Antonio, Jovita e Javier,

-A mai da Gloria era irmá do Juan

-A sra. Jovita do Vila era irmá tamén.

A Finca, que xa tiña unha casa con caseiros,  compráronlla ao Espinosa de Monforte. 150 Ferrados de terra,  trinte e cinco mil pesetas daquelas.

Os Carneras de Vales, viñeron a apuntalar a casa e esborrallouse . O pai non tiña para facer a casa nin para nada logo de gastar todo o que ganara en Cuba .

Os fillos que naceron na nova casa foron Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.

Antonio casou duas veces - Fillos Eva,  x , e María Carme

Javier casou cunha de Probeiros chamada Eva tiveron dous fillos - Actual casa de Nuria e Javier -

Jovita casou co  Antonio de Forguitaina - Narcita e Sita ..nais de Rosa e Ana Isabel respectivamente..

Elvira casou cun fillo da maestra que lle chamaban Angelito. Fillos Pepe e Angelines

Concha casou cun de Veiga da casa do Torres,  tiñan fillos ?

Anuncia casou có Benigno de  Veiga ... non tivo fillos

Avelina casou con Juan da casa da Cubana fillo do Sr. Juan da Cubana que viñera de Cuba..

O Sr . Juan da Cubana era irmao do Manuel do Xusto.

 

 

Fíxose cando era cura Manuel Antonio Sal y Camba.

Como  a igrexa estaba tan lonxe do lugar decidiron traela para a sua ubicación actual. Segunda metade século XIX  (aprox. 1880) .

Logo de rematar a igrexa e a retoral fíxo para a súa sobriña a actual casa do SOFECA.

a súa dona SILVINA  xa finada, era neta da sobriña deste párroco.

A igrexa constaba dun campanario de pedra de cantería. Nos anos 1940 un ciclón derrubouno e pasaron varios anos ata que se  volveu arranxar.

Fíxose de ladrillo e cemento, polo Xosé María de Santalla o pai do PARDO.

A sobriña do cura casou cun irmán do avó do Jerónimo de Carpinteiro.

 

 

 

 

Quen non coñece o café que teña máis de corenta anos e ten relación con Piño ?? .

Non penso que haxa ninguén .

O local sito na casa do Castor e da Anita foi lugar de xuntanza dos homes da vila durante varias décadas..

Xa non hai café en Piño e din que unha cantina non lle acaería mal.  Ao mellor queda alguén para ir. 

Dentro de non moito tempo non quedará ninguén, seguramente seremos un lugar pantasma pero, mentres hai café, abofé que hai alguén.

Historias do Café 

 

Peruchela Rocío (2005 - 2020) - www.peruchela.es

Temos 169 anónimos e ningún membro en liña