Pequena introducción
Na transformación do medio rural hai que ter en conta varios factores que non sempre son avaliados polos intereses dos homes.
En canto a flora e fauna silvestre local están correndo grave risco de supervivencia debido precisamente a esta falta de respecto que lles ten o home como coetáneo .
Ter unha forza política verde que defenda os dereitos desta flora e fauna é imprescindible para un desenvolvemento sostible do Planeta e dos recursos.
En España nunca tiveron moita cabida este tipo de partidos, sendo tachados de extremistas pola xente que non ten ningún tipo de consideracións co medio ambiente.
Pero a contaminación e o cambio climático son unha realidade e é moi preciso apoiar a este tipo de partidos para que se reflicta o intereses duns poucos que desexamos que haxa unha sostenibilidade máis ala da nosa xeración.
Sobre a gandería extensiva
Segundo a " Fundación Española para el Desarrollo de la Nutrición Animal " Nas táboas dos ingredentes para os pienso http://www.fundacionfedna.org/ingredientes-para-piensos podemos ver como os concentrados de proteína animal lle seguen sendo administrados ás nosas vacas de leite.