Poñerlle un nome a unha casa dálle un certo valor engadido. Cando indagas e non te conformas có que che contan e investigas e segues insistindo, pouco a pouco van caendo tabús. Porque na actualidade non soamente desaparecen as aldeas senón que con elas desaparece a súa historia, e iso ten remedio.
Cando comecei co proxecto de recollida de datos das casas de Piño foi para previr o futuro abandono do lugar e das vivendas que o conforman deixando patente os coñecementos recollidos da tradición oral.
Convido a máis xente a dar este paso, para que escriban e compartan publicamente o que saben das historias do seu lugar co obxectivo de transmitir o existir dunha época e duns personaxes que aínda non moi lonxe no tempo, de non intervir sería como si nunca existisen.
Esta sección da páxina ten o obxectivo de ter máis claro a orixe de cada unha das casas da parroquia de Santa María de Piño. Se alguén quere colaborar e aportar algúns datos máis, ou aclarando algún matiz, pode facelo enviándome un mensaxe ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Así mesmo se alguén non quere que apareza a súa casa ten que comunicarmo así como si se sente molesto có contido e quere censuralo para dese xeito dala de baixa.
Pido paciencia có tema das casas, faltan algunhas por incluír e faltan moitos datos por poñer.
Casas de Piño

- Visitas: 27539