Sabemos que no ano 1.634 da nosa era, construíuse unha capela na actual Finca de Balboa, por D. Matías López Pallares que aínda se conserva en pé. Unha mina de auga e un pombeiro no medio da finca categorizaban a propiedade.
O médico de Balboa, D. Manuel deixoulle a casa en herdanza a súa filla Rosa que casou cun da Hermida de Quiroga da casa de Velasquillo. Marchou e deixou as propiedades na man de caseiros. Tivo varios fillos entre eles Ramón, Amable, Pepe, Luís, Carlos, Pedro, Antonio e dous que faleceron cando xa se ian ordenar curas. A casa quedoulle a Amable e supostamente deixoulla a Ramón. Ao falecer ambos solteiros a propiedade voltou a ser de outra Rosa, María Rosa, sobriña destes. Na actualidade a situación da finca é bastante lamentable, o pombal, así como a mina, as cuadras e a casa a piques de esborrallarse.
A capela xa se pode ver nas imaxes a restauración que sufriu.