As nosas casas

Recopilación de datos transmitidos oralmente das casas de Piño,  relatados por José Manuel Carril Balboa (Da Nesa) e  escritos por María del Rocío Rodríguez López (Peruchela)

Poñerlle un nome a unha casa dálle  un certo valor engadido. Cando indagas e non te conformas có que che contan e investigas e segues insistindo, pouco a pouco van caendo tabús.  Porque na actualidade non soamente desaparecen as aldeas senón que con elas desaparece a súa historia, e  iso  ten  remedio.
Cando comecei co proxecto de recollida de datos das casas de Piño foi para previr o futuro abandono do lugar e das vivendas que o conforman deixando patente os coñecementos recollidos da tradición oral.
Convido a máis xente a dar este paso, para que escriban e compartan publicamente o que saben das historias do seu lugar  co obxectivo  de  transmitir o existir dunha época e duns personaxes que  aínda non moi lonxe no tempo,  de non intervir sería como si nunca existisen.
Esta sección da páxina ten o  obxectivo de ter máis claro  a orixe  de cada unha das casas da parroquia de Santa María de Piño.  Se alguén quere colaborar e aportar algúns datos máis, ou aclarando algún matiz,  pode facelo  enviándome un mensaxe ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Así mesmo  se alguén non quere que apareza  a súa casa  ten que comunicarmo  así como si se sente molesto có contido e quere censuralo  para dese xeito dala de baixa. 
Pido paciencia có tema das casas, faltan algunhas por incluír e faltan moitos datos por poñer.  

Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

Os pazos dos fidalgos.

Fonte: Real Academia Galega

Nesta categoría van as casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

Nesta categoría van as casas que existen  que pertenceron a outras familias e que agora se manteñen nas mans de novos propietarios.

O Lugar, Tralobouzo,  Corral de Gándaras ( Quintairo ), Barrete de Tres,   O Requeixo, o Campelo, o Pacio, o Pedredo, Outeiro, o Pireiro, a Pereira, o Pedredo, Outeiro e Vales.  Centeais,  inda que enterran en Piño, pertence a San Xiao de Veiga.

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 45 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.