DESPEDIMOS A
OUTONO DE 2021
Foi un acto multitudinario ao que asistiron personalidades de Monforte e Sober, amigos e simpatizantes do autor, moi coñecido na contorna.
Os primeiros días do mes en Piño un equipo de persoas dirixidas dende a Deputación de Lugo abriron uns pequenos tramos da cuneta na estrada que ven dende Bóveda ata o lugar, sitios onde a auga corría por riba en tempos de choiva e que agora grazas a esta mellora non vai a seguir acontecendo. Estes tramos levaron ademais unha capa de cemetación.
Na terceira semana do mes pasáronlle por fin este ano a desbrozadora ás beiras da estrada o que deixou á vista que a solución da Diputación de limpar soamente algúns tramos foi incompleta por prescindir de limpar e acondicionar o tramo do fondo da costa que permanece atascado sempre e que ademais é un perigo onde se teñen ido moitos vehículos. A auga brota no medio da estrada provinte da cuneta, atascada e desentubada, sendo un problema moi grande nas épocas das xeadas porque xusto está na saída da curva e os coches esbaran sen control.
X