NOVAS
Pasaron cousas inesquecibles, boas e malas e tamén cousas comúns e tradicións que perduran connosco. Cultura, tradición, amor á natureza, respecto, educación, pilares fundamentais da sociedade.
Aterrizamos en Piño
Flores de todas as casas da famila tiña no tanatorio o Manolo da Zuca, como lle chamábamos de pequen@s .A casa da Germana era a casa orixinal do Manolo, herdada de seu pai Abelardo. Era unha familia de clase traballadora con bastantes propiedades, non como a mai de D. Manuel Álvarez, que era dunha casa moi moi pobre. Pura, sua nai, casou co pai do Manolo por necesidade e tivo varias desgracias na súa vida entre elas a morte de varios dos seus fillos a unha curta idade.
O Manolo era un sobrevivinte. Conseguira sair adiante e criarse, e vivir.
E namorou.. e Germana namorou del. Despois viviron moitas cousas en parella e tiveron un fillo e iste a súa vez unha filla.
E a vida rematou, e hoxe dixémoslle adeus.
E viñeron á misa a Piño. E o cura novo D. Jose Luis, oficiou o seu primeiro enterro nesta parroquia, logo do funeral acompañou os seus restos ao camposanto. Como leeu a Maitiña na Libreria Pelayo, cando chegou á parte do mesmo camposanto que chegara Rosalía...Eí, nese momento Maitiña e máis eu tivémolo presente... e o poema alongouse sen parar de dar nomes, nomes que xa non están connosco, almas que descansan en paz.
Hoxe foi un día especial por todo o que aconteceu. Ademais estivo de cumpleanos o Pepiño e tamén de Santo o Xurxo, dous veciños moi especiais e queridos por moitos de nós...
Sempre pasan cousas.
NOVAS
Deixanos unha das mellores persoas de Piño. Simpático, traballador, amigo de facer favores. Durante a súa vida pasou o verán en Piño coa súa familia e foi protagonista dun montón de anécdotas que non quedarán no olvido.
Dende estas liñas expresar o meu máis sentido pésame a toda a familia.
Nunca o esqueceremos. D.E.P.

23 DE ABRIL ÁS 19:00 Presentación do Poemario "HASTA QUE LLEGUÉ AL SILENCIO"
O aforo está limitado a 8 persoas pero retransmitirase polas redes sociais.
Este verán Mayte fará unha nova presentación na casa da cultura do Brollón onde poderán asistir todas aquelas persoas que polo aforo restrictivo non a poden acompañar no día do Libro.
COMEZAMOS O MES DE ABRIL COA SEMANA SANTA
D. José Luis é natural da terra Chá e leva catro anos nas terras do Brollón. É responsable de 31 parroquias ademais de comodín das baixas dos párrocos colindantes así os demais curas del en caso de enfermidade. Con esta ampla extensificación de parroquias e traballo as misas dominicais como tales deixanse de realizar a menos que sexa por petición expresa e si calquera de nós quere asistir terá que facelo a igrexa parroquial de San Pedro da Pobra do Brollón onde si a seguirá realizando cada domingo por ser a capital do concello.
Sobre o tema da luz da parroquia, que trouxo polémica estos días, dixo que o obispado sería o responsable de facer o pago previa apertura dunha conta a nome da parroquia de Piño. Admitiranse doazons na mesma para facerlle fronte aos gastos, pronto saberemos máis.
Queda pois fixada a data da próxima misa na nosa parroquia de Santa María de Piño que está fixada para o Domingo 16 de Maio coincidindo coas festas da Santa Bárbara.