Rematamos Marzo
Aproveitando este acto falarase de como se vai a proceder coa xestión da luz do lugar, luz que estivo pagando o anterior párroco D. Manuel ata o seu pasamento e que agora inda que lle corresponde o pago ao obispado tal vez teña que ser xestionado a traveso dalgún representante, ben sexa asociación ou particular.
+ NOVIDADES
SOBRE O ENTERRO DE DON MANUEL
Foi oficiada persoalmente polo Excmo. Bispo de Lugo, D. Alfonso.
As irmás da Residencia Infanto Xuvenil Obreiras de Xesús da Ferreirúa leron unha emotiva adicatoria na lembranza do finado que conmoveu aos presentes.
Ademais un dos párrocos presentes leeu un resumo da vida no sacerdocio do finado, facendo un repaso polos lugares e as parroquias nas que estivo deselvolvendo a súa labor.
As medidas restrictivas derivadas da pandemia impediron que houbese un multitudinario acto de despedida. Houbo cautela e a xente respectou as restriccións.
NOVAS DE MARZO 2021
Foi compañeiro de seminario do anterior Bispo, Don Xosé, ademais de amigo persoal.
MÁIS COUSAS
Don Manuel era un párroco que oficiaba as misas sen ningún tipo de sermón. Eran misas breves as que non resultaba tedioso asistir porque sabías de antemán que en 20 minutos estabas fóra.
Sabemos que a un 99% de familias ás que lle celebraba un acto relixioso non lle cobraba por facelo como tamén temos constancia de que celebrar a boda, o bautizo e a comunión nas súas parroquias non resultaba un acto de rigorosa preparación.
Don Manuel oficiaba a misa nas oito parroquias das que estaba encargado, Ferreiros, Ferreirúa, Veiga, Santalla de Rei, Piño, Mosteiro, Freituxe e Ribas Pequenas. A maiores facia os enterros dos lugares pertencentes ás parroquias. Os de Chorente en Ribas Pequenas, aos de Proveiros a misa da festa, ao igual que aos da Veneira. En Pacios de Veiga enterros e outros actos relixosos.