PASAN MOITAS COUSAS
Tamén foi noticia a nova publicación da editorial recentemente creada por min do poemario do courelés Xesús A. Parada, obra titulada NAIADES.,o pasado día 24 coincidindo co día de Rosalía de Castro. LIGAZÓN
As imaxes dos paisaxes corresponden ao último día do mes.
UN ANTROIDO PASADO POR AUGA
No noso concello da Pobra do Brollón as celebracións do Entroido en Salcedo tamén foron suspendidas e nin houbo teatro, nin danzantes e mandames nin o Oso se viron entre as multitudes que se viñan deixando ver ata esta nova realidade de Pandemia.
Si a tradición de Compadres e Comadres estaba nunha situación de continuidade complexa este ano non lle axudou moito a revertir a tendencia xa que os habituais concursos entre parroquias promovidos polo concello tamén foron suspendidos.
É verdade que eu percibín a nivel xeral tanto en Ourense como noutras zonas da nosa rexión moitos bonecos tipo compadre/comadre que luciron á vista lembrando a presenza do carnaval en Galicia en sustitución das máscaras que tiñan que estar de festa rachada nestes días de pre-coaresma.
Cómo estades amigos??
No pasado mes de xaneiro o noso veciño Carlos Pérez saíu nunha reportaxe da TVG
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/come-a-comarca-as-batallas-6-4756675?t=0
que podedes ver na ligazón.