APORTACIÓNS VECIÑAIS
Para a ocasión houbo un ramo donado por Nelita da casa de Cantinera e outro para o altar maior donado por Marisa da casa Sono.
Herminia da casa Peruchela, donou unha capa para a patrona da parroquia a Santa María, a xogo co vestido que xa donara en 2018. A peza valorada en máis de 1000 euros ten pedrería de swarosky e está elaborada a man.
FESTAS DA SANTA BÁRBARA 23 E 24 DE MAIO 2020
O domingo 17 retomáronse as misas tras entrar na fase 1 do estado de alarma.
O próximo luns estaremos na fase 2 e teremos máis libertades.
COMENTANDO AS FOTOS - BREVES
No fondo do Lugar pódense ver, ademais da de Balboa, en estado ruinoso a Casa da Casilda, como tamén a casa da Vila.
COMENTANDO AS FOTOS - BREVES
Outra cousa que da moita mágoa é ver as árbores desaproveitadas tiradas por todos lados. Neste caso unha árbore de máis de coarenta anos talada segue dende fai máis dun ano no mesmo sitio, tal vez porque non teñen tempo de recollela ou porque ainda teñen leña da que malversaron do común do Xuncal , común que polo visto van arrendar moi pronto por un prezo que non repara o destrozo nin o agravio feito.
NOVAS DE MAIO 2020
Na nosa parroquia fixo bastantes estragos, cables da luz pública rotos, árbores caídas na estrada principal e nas fincas e pinares dos veciños e tamén levantou as chapas dun pendello en Outeiro.
Dende as catro da tarde ata preto da mañán estivemos sen luz e coa mitade de cobertura na telefonía mobil. Nas hortas esnaquizou bastantes froiteiras, tirou a metade da produción das cerdeiras de cedo que xa estaban a piques de madurar e a colleitas de patacas e verduras víronse afectadas.