Vivimos nun situación excepcional pero temos a sorte de poder atender das nosas hortas e airearnos un pouco.
A Deputación Provincial de Lugo muda os carteis indicadores por uns novos retirando os que estaban deteriorados.
A petición que se dirixiu ao servizo de vias e obras no mes de xaneiro tivo repercusión e agora esa imaxe de abandono mudou revalorizando as nosas aldeas.
As Hortas do Fernando
GUIMARALIA TE VE
D.E.P Lamentamos a Perda de
Comezamos o mes de abril confinados nas nosas casas, saindo unicamente ao imprescindibel, pasear os cans, darlle aos animais de comer ou atender á horta.
Nas imaxes superiores podedes ver paisaxes de Piño e tamén algunhas fotos de vertedoiros ilegais en distintos puntos do seu territorio. Estas poucas fotos dan unha pequena idea do que moitos veciños fan ou fixeron sin ter en conta para nada aos demais nin ao medio que compartimos.
Enseres tirados no camiño do cimo da Riba, na carretera do canal restos de obras, na carreira de Suhortos plásticos e vertidos na antiga vía, eso sin contar os plásticos no Teixugo e os esparcidos polas fincas dos particulares.
Esta descrición é sólo dunha moi pequena porción das terras de Piño, si me adicase a poñer as fotos de todos os vertedoiros que a día de hoxe seguen a manterse en Piño, sería máis que escandaloso polo que ... dende esta páxina suplícolle á xente que teña un pouco máis de conciencia e non faga este tipo de cousas.
O monte non se limpa sólo, temos que ter conciencia e na medida das nosas posibilidades recoller o que vexamos e levalo aos contenedores habilitados para iso.
O arranxo que se fixo fai pouco tempo está a vista . A auga pérdese por ambos lados da pista e o demais está pra ver.