Rematamos o mes de agosto
E para aproveitar o mes de agosto rematamos en Monforte coa inauguración da Feira do libro da vila do Cabe sendo a pregoeira desta edición a nosa veciña a poetísa Olga Novo. En todas as librerías da cidade igualmente que nos postos do Cardenal podedes beneficiarvos dun 10% de desconto en libros.
En Piño , novo aviso da asociación de veciños que convoca reunión para os primeiros días do mes de setembro como se pode ver na imaxe.
Isto foi todo dende a aldea.
NOVIDADES
NON SON SEMPRE BOAS NOVAS
Hai que tirar para diante. Todos nos vamos ir nalgún momento
Namentres, en Ver celébrase o domingo 18 o día grande das festas do San Roque 2019
To be continue...
O destino ou a mala sorte
Comparto o apoio que a Concelleira responsable de eventos e actividades culturais : MÓNICA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, do noso concello da Pobra do Brollón fixo na rede social Facebook. A mai da rapaza falecida é natural de Lamaiglesia . O rapaz da parroquia monfortina de Santa Mariña do Monte.
Os miñas máis sentidas condolencias á familia e a os amigos.
NOVIDADES
ESTREAMOS BANCO PÚBLICO
Melloras Públicas dende o Concello
Agora temos un novo recuncho para sentar ou resgardarnos da choiva.
Unha boa obra que revaloriza a parroquia.
Volvemos
+ Restos e + Andainas ao Castro de Piño
Ter as vías de acceso ao Castro e acondicionadas fai moito máis fácil que todos os veciños que se acercan nestas datas a Piño poidan ir en calquer momento a visitalo.
Este domingo tamén, na igrexa parroquial a misa foi na memoria de Justa Carril, finada en Inglaterra o ano pasado. Justa era natural de Piño do barrete de Suhortos, casa Alexandro.
ANDAINA EN PIÑO
1ª ruta polo patrimonio arqueolóxico e natural
Participou xente de todalas idades tendo moi boa acollida.
XANTAR DE CONFRATERNIDADE
Xantar organizado pola Asoc. Santa Bárbara
Boa comida para reencontrarse cos amigos, veciños e veraneantes; logo dos postres e o café, música de baile.
ENTREVISTA EN EXCLUSIVA
Coñecendo máis ao autor
En exclusiva para esta páxina.
LEER ENTREVISTA