Resultados Eleccións Municipais 26M
18 Votos Nulos e 7 en Branco.
Votaron a candidaturas un total de 1168 .
O claro vencedor destas eleccións municipais na Pobra foi José Luis Maceda Vilariño do BNG cun 56.75 % dos votos seguido de Javier González do PSOE cun 25,40% e o PP representado por Fernando Parada cun 15,76% de apoios.
Nas imaxes podes ver os resultados da mesa de Eixón tanto das locais como das europeas, mesa na que alo menos acudiron 7 nonaxenarios, dous deles a piques de cumprir os 100. Todo un orgullo presumir de ter votantes tan lonxevos en tan bon estado de saúde.
Nas imaxes tamen vemos ao recén nato do paxariño que nos acompañou no local social da antiga escola de Eixón durante a xornada electoral.
Ultima Quincena de Mes
O día 26 na igrexa parroquial misa de funeral e enterro de D. Jesús Peralta.
A vida segue para os que ainda quedamos e as festas non paran por ninguén.
Pódese ver tamén o cartel da Festa de Piño que xa está colocado e que anuncia unha gran orquesta para o venres. Recordovos que este ano a asociación Santa Bárbara estrena Campo así que os que queirades participar e teñades ánimo podedes desfrutar dela.
ELECCIÓNS EUROPEAS E MUNICIPAIS
Puidose ver algo de publicidade na parroquia das municipais, das europeas non houbo ata a data ningún cartel. Veremos o que pasa o domingo.
Podemos ver la imaxe o resultado por mesas no concello da Pobra das pasadas eleccións xerais de abril ao goberno da nación.
Máis Cousas
Nos vindeiros días tentarei rematar a sección das lendas para un novo proxecto que se vai desenvolver na parroquia a primeira fin de semana de agosto.
Xa vos irei contando.
Primeira Quincena de Mes
Na igrexa parroquial o primeiro fin de semana cabodano de María Balboa Vázquez da casa de Anesa e o segundo fin de semana enterro de Jovita Álvarez Franco, orihunda da casa de Murra, viúva de Antonio Pérez Quiroga, casa Forguitaina. Deste xeito aos 102 anos morre a persoa máis lonxeva da nosa parroquia e con ela toda unha xeración, a dos meus avós.
A persoa que alcanzou unha maior idade foi Estrella Pérez Quiroga finada en febreiro do ano pasado con 105 anos.