Setembro 2014

Este pasado día 06/09 celebrouse na igrexa parroquial  a comunión de Laura e Betixa

 

Acabou o mes de setembro vindo a inspeccionar as casas da parroquia, para ver se habían sufrido algunha modificación e si asi era aumentarlle o prezo no proximo recibo da contribución por o valor catrastal correspondente que lle estipulen agora. Ademais o rapaz encargado da xestión informou que se lle poderian pedir catro anos de atrasos si observan que a casa leva ao menos ese periodo remodelada.

Nalgunhas zonas da provincia xa levan tempo facendo este tipo de operacións, seica se observan que arranxaches un corredor vello, incrementanche 40 euros porque consideranno como area de recreo ou divertimento. E asi estamos.

Por outra banda, o presidente da asociacion veciñal de Piño, Santa Bárbara, convocou unha asamblea xeral extraordinaria, onde ademais de presentar contar, disolver a actual directiva , pretendese a maiores buscarlle unha nova continuidade a dita asociacion buscando entre os veciños voluntarios para os postos, que segun dice a convocatoria farase por votación popular de todos os presentes.

Para rematar informar aos lectores e amigos desta Web que un ano máis poño a venta calendarios para o ano que ben, en papel de, 2, 5, 10, 15 Euros según tamaño, interesados poden solicitalo ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 {vsig}setembro14{/vsig}

 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 376 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.