NADAL

Novembro 2018

 

Máis Novas

 

Moitos veciños venderon pinos e madeira das súas fincas privadas polo que os paisaxes están  mudando. 

Desbrozaron os camiños ao Castro.

As choivas deste días desfán de novo os camiños recién arranxados. 

Añado as imaxes fotos do mes pasado do desbroce en Outeiro e do arranxo da pista de Pompedriña. 

Flores de Defuntos no ceminterio parroquial e no antigo ceminterio do Castro. Vista da actual da Granxa de  marraus do Rodo e de colmeas no Castro.

 

 

   

Primeira Quincena de Mes

Comezamos novembro coas misas no día de todos os santos e o día de Defuntos.

No local social a asociación Santa Bárbara fixo un xantar no que participaron algo máis de vinte persoas. Un arroz caldoso, cerrotas, castañas e viño novo foron o menú otoñal elexido para a ocasión.

O sábado 3 na igrexa parroquial  bautizo de Cloe, filla da Marta, neta de Nelita e Jesús de Cantinera.

O domingo 04 de novembro houbo reunión no local social da CMVMC onde acudiron uns cantos veciños. Máis Info Sobre a xestión do Monte Comunal no 2018

Segunda Quincena de Mes

A idea de unir non é  a mesma que a de desunir. Moitos tal vez teñades metido no miolo  que a miña intención é esa, a de desunir. 

A iste pensamento alego que non, que son unha persoa que cree na unión.

E como creo na unión penso que ésta debe facerse sobre cementos sólidos, non sobre borralla.

A páxina de Piño é como  o correo de antes. Esas cartas que lle enviaba miña avoa a súa cuñada a Arxentina. 

O destino dela son as persoas relacionadas coa parroquia e que teñen este medio como instrumento de relación.

A carta que escribo cada semana, ou cada mes, ou cada quincena  é pensando en cada unha das persoas que están pensando en recibir un novo comunicado.

Esta páxina non naceu para  menospreciar á nosa fermosa parroquia, nin para criticar sen motivo actuacións das persoas que nela viven.

Polo contrario esta páxina naceu e persegue o obxectivo de ser unha base de datos da historia que nela se desenvolve.

Un lugar onde cada un que entre poda consultar  algún dato que lle poda resultar de interese ou saír de dúbidas de en que data faleceu alguén ou se fixo algo trascendental.

Considero que podo decir publicamente o que pasa na nosa parroquia, e ainda que me gustaría non deixar de contar cousas boas, polo visto esas novas son as menos.

Son 13 anos poñendo feitos  que nela se desenvolven e dándolle a opción aos veciños de vetar o contido.

Esixir explicacións e pedir responsabilidades  ás asociacións que xestionan o patrimonio do Pobo polos seus feitos, reitero que, non é faltar aos principios éticos fundamentais.  

Decirlle aos meus detractores, que poden denunciar o meu traballo altruista nesta Web. Si o fixeron nalgunha ocasión remitíndome burofases intimidatorios,  nada priva que o

poidan volver a facer,  pero que o fagan directamente e que non anden sembrando pra ver si outro o fai por un.

 

Decir tamén que me desencanta moito ver  inxustas  opinións sobre esta Web e o que nela se publica. Nin se desvela ningún segredo, nin se falta á verdade.

2005 - 2018 Peruchela

Temos 573 anónimos e ningún membro en liña