Sobre a xestión do Monte Comunal no 2018

Segundo as informacións recollidas volveuse faltar á verdade en canto a actividade da CMVMC ata a miña dimisión como secretaria. Comunícolle  a calquera das persoas que volvan a faltar a verdade, escondan permisos, probas e documentos onde se atestigua a realidade dos feitos que de continuar por este camiño vou ter que posicionarme a defensiva e tomar as medidas precisas.

En todo caso, na reunión que tivo lugar este pasado domingo día catro de novembro 2018,  non estivo na orde do día pedir responsabilidades sobre  sobre o desmantelamento do espacio que ocupaba o campo de futbol do xuncal.

Como informei nun primeiro momento  á reunión acudiron veciños varios, comuneiros por dereito, ainda que excluídos por esta nova directiva, e tamén  novos comuneiros. Ademáis foi o xenrro do Capitán, que foi o redactor da carta de convocatoria onde se fixo extensiva a invitación aos de Centeais, pola movida que houbo á hora da corta da leña.

Eu persoalmente non estiven e non podo dar conta do que se falou sobre estes temas, pero as fontes informantes contaron que a posición do avogado foi a favor da Xunta Reitora, e en ningún momento deixou que se falase do campo de futbol, dando o tema por irrelevante.

 

 

NON ESTABA DADA DE BAIXA, NON

Dígolle ao actual SR DON PRESIDENTE da CMVMC da PARROQUIA: " soamente ten vostede que mirar o libro de actas para retractarse das suas verbas e recoñecer que vostede asinou así como tamén a maioría dos comuneiros ata a data, reunións. Asi que .. deixe de dicir que a CMVMC estaba dada de baixa, pq si o estivese vostede e os demais non pintaban nada nas reunións".

Outra cousa é dicir que a CMVMC non tiña rexistrada ningunha actividade económica. Cousa que sí e certa, como ben certo é que a ningún veciño lle custou nada durante o periodo no que eu fun secretaria. E ben certo é, que facenda estaba ao corriente  da renovación de cargos do 2014,   e que en 2015 emitiu unha firma dixital a nome do presidente da CMMC.

Diga vostede tamén que nos anos que a anterior xunta retora estivemos, non fumos capaces de que vostedes, que levan as terras recoñecesen nun documento que as levan, incumprindo a lei que di, que as parcelas hai que rotalas, e para rotalas sr. hai que dicir a verdade e decir que se levan.

Unha boa xestión houbese sido que seguiran traballando neste camiño, e que limpasen as cinco hectareas das Bouzas para as que xa había un permiso.


Pedir responsabilidades pola  destrucción do campo de fultbol e pola tala dunhas  árbores que segundo informaron na reunión estaban protexidos e non se podían cortar, non é faltar a os principios éticos fundamentais.

As responsabilidades as que me refiro non pasan pola dimisión dos cargos senón polas oportunas explicacións e maiorias coas que se contaron para acometer estes feitos.

Lembramos a todos os lectores que o organo de decisión de unha CMVMC non é o Presidente, nin a Xunta Reitora, senón a Asamblea Xeral.

É tan grande a falta de acatamento das leis e dos estatutos que uns días antes desta publicada reunión fíxose outra, convocada sin forma nin prazo. O motivo foi xuntarse para  saber ou decidir  que se  lle ía a sementar á parcela. 

É aquí a mostra do gran plan de aproveitamento  que existe e polo que se derramou un ben de interese público. 

 

LEI DE MONTES

" A propiedade dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, é de natureza privada e colectiva, e a súa titularidade dominical e mailo aproveitamento correspóndenlle, sen asignación de cuotas,ó conxunto dos veciños titulares de unidades económicas, con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento...."

 

AVISO

Estanse a incumplir reiteradamente os estatutos e a lei de Montes, botándo aos comuneiros de dereito e cobrando cuotas a terceiros que non cumpren cos requisitos. 

Todos estes feitos poden ocasionar  unha oportuna demanda ao Xurado Provincial de Montes en Man Común.

Houbo ademáis un atentado contra patrimonio natural protexido, o que tamén pode derivar nunha denuncia ao SEPRONA ou a MEDIOAMBIENTE.

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 96 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.