Xullo 2019

NOVIDADES DENDE PIÑO

Logo das feiras da Pobra e Rubián imos acercándonos a finais de mes.
A asociación veciñal Santa Bárbara puxo as contas das festas 2019 e convocan aos veciños a unha comida de confraternidade para o día catro do vindeiro mes de agosto.
Podedes ver  o aviso na imaxe.

O mesmo día catro de agosto pola maña haberá unha andaina polas terras da parroquia . A visita promovida polo concello levará a un grupo de persoas ata o Castro onde se lles explicará a ubicación dos antigos ceminterios e das ruinas da capela que houbo ata o seculo XIX. A continuación  dende o alto da Riba explicaráse como se viron vir aos franceses invadir o territorio. Seguidamente baixaremos pola Riba e subiremos por Suhortos . Na ruta explicaráse cales eran as terras de cultivo de viñedo que nos vamos atopar e lendas relacionadas .


A concentración de saída da andaina será no atrio da igrexa parroquial as 08:45 horas. 
O total do percorrido non chega aos 5KM .
Interesados en participar mandade mensaxe ao 675 038 728

EVENTOS EN XULLO

Chegou o verán e con él os eventos nas vilas e cidades do redor.
A primeira fin de semana en Monforte o Festival da Ribeira Sacra, e o segundo fin de semana día grande na Pobra do Brollón, onde por sexto ano consecutivo se representará a Revolta Guímara. 
O domingo 14 de Xullo en Rubián nova edición da consolidada Feira OUTRORA onde podemos desfrutar dun montón de actividades durante toda a xornada.

Os veraneantes seguen achegándose a Piño e as hortas medrando. Este ano moi boa colleita dos frutais con óso, logo dun montón de cereixas en xuño chega  un mes de xullo cheo de ameixas.

SÁBADO 13 XULLO - POBRA DO BROLLÓN

DOMINGO 14 XULLO - RUBIÁN

A Granizada do 4 de xullo

É complicado e case milagreiro que una granizada non esnaquice unha parte da colleita máis tarde ou máis cedo.
Unha nube de granizo que viña de dirección da Mioteira sorprendeunos. Din que cando ven de eí é cando máis forte é a choiva e cumpriuse.
A Canedo, Pacios, Ferreirúa e ata Lamaiglesia tamén chegou a sarabaiba do día facendo os destrozos  ao seu paso.   
Esperemos que non volva no queda de verao.
2005 - 2019 Peruchela

Hay 230 invitados y ningún miembro en línea