Comprar Libros e Papelería

Casas Vendidas

SOBRE A CASA DO GAMBITO

Nos anos setenta a filla do Gambito mandou un Poder aos da Portela para vender as propiedades que deixaron en Piño.

Tratábase dalgunha finca e dunha pequena casa situada en Suhortos da que non queda nada.

Na antiga ubicación desta pequena casa,  nos anos oitenta, o Ramón da casa da Elia que viñera para Piño e montara un supermercado na casa nova da Yolanda, no Pedredo, mercou o recinto  e construiu un matadeiro para os becerros que vendía no supermercado. Hoxe segue en pe.

Non temos máis datos, o lugar de emigración da filla do Gambito foi  Bos Aires, lugar do que nunca voltou.

A cantina do Marcial é recordada polos mais maiores.

Podes ver fotos do Marcial coa súa familia no seguinte enlace http://webpino.com/villarrubia.htm, xa que Carlos Villarrubia é neto del.

A casa estaba sita no Requeixo, na actualidade existe pero mudou de nome xa que alo menos a casa foi comprada polos Xastre, cando decidiron mudar de sitio do fondo do lugar e virse para eiquí.

Das fillas de Marcial temos a Amelia, a mai de Carlos Villarrubia, a Teresa , viuva do Couto, vive en Ribas Pequenas ......

Seica na cantina había unhas follas de bacallau que colgaban ata o chan das que ainda hoxe se fala.

Parece ser que o Marcial, din os rumores que foi o pai do Manuel de Amante, pero éste sempre renegou del e mais ainda logo de que de cativo lle dera unha meninxites que o deixou tolo.

 

Sita no barrete de Suhortos.

Ten moitisima antiguedade, xa o Sr. Francisco o pai da Elia nacera nela. Tivo que marchar a Cuba onde casou cunha canaria. Ao pouco tempo decidiu voltar e viñéronse para eiquí con alo menos sete fillos. Unha delas morreu no barco de regreso. Os outros son: Laudenia, Ramona, Elia, Jesús, Manolito, Amparo. Elia e Manolito foron os últimos fillos de Francisco que viviron na casa. Na actualidade foi vendida e está en rehabilitación.

Na actualidade é a casa de Estrella de Forguitaina, a que lle envio as miñas condolencias públicas pola morte dun neto, fillo da Fidelina, súa filla finada hai uns poucos anos.

O Merelle era Guardia Civil xubilado, tamén era carpinteiro,  tiña unha vitrola e ia a rapazada de Piño alí a bailar, daquela fai cen anos era unha gran modernidade, nas aldeas vivia xente que descubria pouco a pouco a tecnoloxia, como agora moitos de vos có mundo de Internet e a Informática.

Cando el casou cunha do Incio que proviña de Formigueiros, onde hai vestixios dun castro, vendeuna.

A casa comprouna un irmau da María da casa do Carballal que viñera de Cuba e que casou con Estrella.

Na actualidade é a nosa veciña mais lonxeva que aló menos eu coñezo. con 105 anos, creo lembrar.

A súa casa é a actual casa do Benigno de QUEVEDO.

Poño pois a casa entre as desaparecidas xa que non queda ningún descendente vivindo ou con outra casa en Piño.

O Ronfe, chamábase Xosé.

Casou cunha irmá da Elisa da casa do ZOURIL, descoñecemos o nome.

Tivo dous fillos con ela Antonio e Javier

Casou en segundas nupcias con Aurea, da casa dos MARELOS, tivo un fillo Juanito. Parece ser que viviron de arrendo na casa do CARASTO.

Xosé o longo da súa vida trouxo a vivires con él aos seus tres fillos en distintas épocas pero acabou votandos a todos xa que ningún lle resultaba o idóneo ... Antonio, traballou en Renfe e  viviu en Piño algún tempo, cando foi maior seu pai levouno para Madrid onde alí morreu. Dicíase que a muller do Antonio do Ronfe era madrileña que nacera xustiño a carón da Porta do Sol.

O outro fillo Javier, casou cunha de Ferreiros da casa dos ARCADIO, dos fotógrafos

Parece ser que o tal Antonio do RONFE.. que non hai tantos anos que finou e que moitos lectores desta Web seguro que lembrades .. tivo dous fillos e unha filla.. Froito desta filla parece ser que é Tomas Gómez. O recordo del é de que era boa persoa. O seu pai Xosé tamén resultaba bó para os veciños e non tanto para as súas donas.

Introducción

Do matrimonio de Juan Sánchez Puente e de Matilde Díaz Mao ambos de Suhortos nace en xaneiro de 1919 un meniño ao que lle chamaron Manuel que morrería o catro de xullo, aos  poucos meses de nacer .   Pero as desgracias non viñeran todas para esta familia, e así o 1 de febreiro de 1920 morre Juan Sánchez de tuberculose deixando este mundo sen ter coñecido ao seu novo fillo que nacería catro meses despois, exactamente dez de xuño de 1920,  e que  levaría o mesmo nome que o anterior, Manuel.

 Juan era fillo de Pedro Sanchez de Piño e de Maria Josefa Puente de Probeiros. A súa dona Matilde Díaz Mao  era filla de Manuel Díaz de Piño (casa Campelo) e de María Mao de San Vicente de Ver.

Matilde era irmá do José de Campelo e  tiña alo menos outro irmán chamado Benjamín casado con Encarnación Martínez Quevedo tamén en Piño  que sabemos tivo unha filla chamada Filomena da que non temos datos, sospeitando que pudo morrer de pequena, un fillo de nome  Manolo (pai do actual Manolo de casa de Benjamín), Jovita casada con Vitorino Villa, (casa de Paz actual casa Sindo), Amable casada con Benigno (casa Quevedo), Benjamín casado en Veiga e residente en Madrid. Nestes dous ultimos anos morreron Jovita, Amable e Benjamín os últimos irmans que quedaban vivos.

Os pais de Encarnación eran Manuel Martinez e Ramona Quevedo.

   

Quén era o Balboreto?

Manuel Sánchez Díaz era coñecido como o Barboreto.

Casou con Carmen Davila de San Vicente de Ver e no ano 1950 bautizaron a José Sáchez Davila, o fillo que sabemos que tiveron.

Cando tiñan sobre coarenta anos marcharon para Uruguay, Montevideo. Un parente da muller estaba ben afincado e recomendoulles marchar para alá.

Gran amigo do Pepe de Celestino, uns días antes da súa morte chaomouno para despedirse del. 

A casa orixinal era a que está enfrente da casa de Celestino en Suhortos.

O Balboreto, criouse na casa do seu avó  a onde marchou a vivir coa súa mai ao quedar ésta viuva.

A diferencia doutros nenos de Piño de aquelas épocas, fai case cen anos , el ía a escola cada día e aprendeu. 

Cando foi maior e tivo a forza e a destreza precisa fíxose amo da herdanza de seu pai e viviu na casa que herdou del.

Prantou unha fermosa viña con frutais na zona de Carballedo e tiña boas terras en moitos lugares da aldea.

Amigo seu tamén era o Pepe de Xacobe quen se fixo cargo dos sitios que tiña cando marchou.

Pasados varios anos da súa partida Balboreto mandou un Poder aos de Benxamín para a venda dos seus bens.

A viña foi mercada por a casa do Pliss e Lamaredonda pola casa da Flora.

A casa comprouna o Benito Danesa e herdouna a súa filla Justa, finada desgraciadamente fai pouco tempo.

 

 

O nome da casa ven aló menos de principios do século XIX.

Ambrosio Rodríguez Escaleira casado don Leonarda Fernández tiveron cinco fillos Juana, Margarita, Antonio, Lorenzo, María e Manuel.

Juana casou con Pedro López (Plata) que a súa vez tiveron por fillo a Serafín López Rguez que casou con Maria Josefa Díaz Glez (Mari Pepa da Casa Celestino Suhortos).

Os fillos deste matrimonio foron, Eugenio morto na guerra, Manuel meu avó, . Jesusa emigrada en Arxentina.......etc .

Os últimos habitantes desta casa do barrete do Requeixo foron a Josefa e o seu irmao finado ultimamente, a quenes todos coñecian como o Escaleira.

Esta parella de irmáns foron os últimos en xunguir os bois na nosa parroquia, a principios dos oitenta por última vez.

Na actualidade e ao morrer a casa pasou aos seus parentes de Vales quenes a venderon á neta do finado Benigno de Quevedo. 

 

Peruchela Rocío (2005 - 2020) - www.peruchela.es

Hay 2154 invitados y ningún miembro en línea