Segunda quincena de Novembro
Oferta Cultural do Concello da Pobra do Brollón
Primeira quincena de Novembro
Resultados Electorais dalgúns concellos do entorno.
Algunhas cousas sobre Piño, 1ª quincena de novembro
Fotos que falan por sí mesmas
No obstante sabendo que nunca chove a gusto de todos, continuo un mes máis aportando pequenos datos da parroquia e do que nela acontece.
Comezamos o mes de novembro como habitualmente se fai; con misas de Santos e Defundos, e ofrendas florais aos nosos seres queridos no camposanto, a onde tamén se acercou o cura que veu a celebrar as misas destes días, para rezar responsos polo seu eterno descanso.
Un ano máis a rapazada vencellada á parroquia celebrou o seu particular SAMAIN.
Cabe destacar os eventos que ven desenvolvendo o noso concello da Pobra do Brollón, tanto a Foliada de Outara, o día 8, como o ciclo de cine que se celebra durante todos os xoves deste mes de novembro, na casa da cultura Olga Novo, as 20:30h.
Unha oferta cultural que debemos de aproveitar e desfrutar, axudando deste xeito a súa consolidación dado o importante que é ter alternativas de ocio.
O tempo comezou chovendo e pouco a pouco enfriando cada día máis.
As máquinas desbrozadoras viñeron esta semana a limpar a nosa estrada principal, maquinaria que se pode ver na foto.
Chegaron nesta ocasión de eleccións carteis á nosa parroquia. O do PSOE, durou un día, e permanece aínda o de UP (unidas Podemos). Os outros partidos non puxeron proganda en Piño.
O día 10, de novo eleccións xerais, pronto subirei eiquí os resultados.
Feliz Semana!!!