{jcomments on}
En canto me sexa posible vincularei estas tres casas a traves das persoas que coñezo.
Mentres podes visitar a Casa do Murra -
Esta casa está no Requeixo.
Antonio Pérez Quiroga casou con Jovita da casa dos Murra irmá de , Antonio, Javier, Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.
Á casa deste matrimonio chamóuselle e aínda se chama casa de Forriquitaina.
Antonio, irmao de Estrella, ambos fillos de Matilde Quiroga Casas e Avelino Pérez. A súa vez, Matilde, era filla de Manuel Quiroga Puente e Dolores Casas e Manuel Quiroga fillo de Francisco Quiroga e Maria Puente.
Unha vez falecido o matrimonio a casa pertence ás súas fillas e respectivas netas e bisnetas.
A orixinal casa dos galgo ainda se pode ver en pé, tamén tiñan uns casetos detrás da casa da Cubana
APUNTES
O home da Carmen de Outeiro era dos Galgo.
O pai do Sabelucho era dos galgos, primo do home da Carmen
Os Galgo son Casas de apelido
De varios irmáns sairon varios descendentes que mudaron a vivir a outras casas con outro nome e que manteñen o apelido.
Severina, casada có Farnés, non tivo fillos. A Elena é filla dunha irmá do Farnés que casou cun de Pacios.
O Jesús, pai da Nelita, casou cunha dona do Fabeiro
Amable, mai da Manuela e da Amable. Na actualidade Manuela vive na casa do Campelo e Amable e vive en Ribas na casa matrimonial.
Manuel que quedou co nome da casa na ubicación actual, casou coa Pura de Mosteiro, son os pais de Pepe, Lucita, Manola e Suso.
Vendida aos Murras, na actualidade veñen a pasar uns días ao ano Javi e a súa irmá Nuria coas suas respectivas familias.
O David era tío do Jesús Da Nesa. Pronto vos contarei a súa historia.
En Suhortos, a mai de Julio, o seu actual dono era irmá do Sindrán.
Fíxose cando era cura Manuel Antonio Sal y Camba.
Como a igrexa estaba tan lonxe do lugar decidiron traela para a sua ubicación actual. Segunda metade século XIX (aprox. 1880) .
Logo de rematar a igrexa e a retoral fíxo para a súa sobriña a actual casa do SOFECA.
a súa dona SILVINA xa finada, era neta da sobriña deste párroco.
A igrexa constaba dun campanario de pedra de cantería. Nos anos 1940 un ciclón derrubouno e pasaron varios anos ata que se volveu arranxar.
Fíxose de ladrillo e cemento, polo Xosé María de Santalla o pai do PARDO.
A sobriña do cura casou cun irmán do avó do Jerónimo de Carpinteiro.
A actual casa do Justo está na zona do Pacio, chegando a Suhortos.
A casa do Murra está no barrete de Suhortos.
O Pai do Juan de Murra era dos Campelos e casou cunha filla da casa dos Murras, na actual casa dos herdeiros de Antonio do Murra.
Juan estaba casado cunha de Vales chamada Rosita, dos Andufos, e nesta primeira casa naceu Antonio, Jovita e Javier.
-A mai da Gloria era irmá do Juan
-A sra. Jovita do Vila era irmá tamén.
Despois mercaron a terra onde está na actualidade. A Finca, xa tiña unha casa con caseiros e compráronlla ao Espinosa de Monforte, 150 Ferrados de terra, trinta e cinco mil pesetas daquelas.
Os Carneras de Vales, viñeron a apuntalar a casa e esborrallouse . O pai non tiña para facer a casa nin para nada logo de gastar todo o que ganara en Cuba .
Os fillos que naceron na nova casa foron Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.
Antonio casou duas veces - Fillos Eva, x , e María Carme
Javier casou cunha de Probeiros chamada Eva tiveron dous fillos - Actual casa de Nuria e Javier -
Jovita casou co Antonio de Forguitaina - Narcita e Sita ..nais de Rosa e Ana Isabel respectivamente..
Elvira casou cun fillo da maestra que lle chamaban Angelito. Fillos Pepe e Angelines
Concha casou cun de Veiga da casa do Torres, tiñan fillos ?
Anuncia casou có Benigno de Veiga ... non tivo fillos
Avelina casou con Juan da casa da Cubana fillo do Sr. Juan da Cubana que viñera de Cuba..
O Sr . Juan da Cubana era irmao do Manuel do Justo.