Recopilación de datos transmitidos oralmente das casas de Piño, relatados por José Manuel Carril Balboa (Da Nesa) e escritos por María del Rocío Rodríguez López (Peruchela)
Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.
Os pazos dos fidalgos.
Fonte: Real Academia Galega
Nesta categoría van as casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.
Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.
Nesta categoría van as casas que existen que pertenceron a outras familias e que agora se manteñen nas mans de novos propietarios.
O Lugar, Tralobouzo, Corral de Gándaras ( Quintairo ), Barrete de Tres, O Requeixo, o Campelo, o Pacio, o Pedredo, Outeiro, o Pireiro, a Pereira, o Pedredo, Outeiro e Vales. Centeais, inda que enterran en Piño, pertence a San Xiao de Veiga.