REMATE DO MES DE FEBREIRO
A nosa veciña Celia repousa no camposanto envolta polas centos de flores que lle achegaron familiares e amigos. Seguro que lle gustaría saber da cantidade e fermosura de flores que lle agasallaron no seu adeus.
Imos morrendo, un detrás doutro. Pouco a pouco deixando este fermoso e complexo mundo.
Hoxe ela foise e mañá seremos nós conveténdonos en lembraza ata que se esvaeza a derradeira persoa que dee conta da nosa existencia... É triste, é duro de aceptar pero é a realidade.
A vida despois da morte, a reencarnación .. todo iso para min non é máis que unha ilusión e esperanza, pois por moito que vivamos despois de morrer non imos ser nós, os desta vida, os que sexamos....
Celia morreu, e tamén Marisa .. e Don Manuel... e así un tal vez a día de hoxe poda nomear a máis de cen persoas desta parroquia que viviron na miña época, pesoas que quixen e coas que compartin vivenzas en maior ou menor medida. E con canda un deles pouco a pouco a aldea morre...e o corazón e o pensamento énchense de tristura.
Mais novas
A misa de funeral e seguidamente o traslado do corpo ao ceminterio parroquial será mañá 25/02 a partir das 15:30hs.
Logo de loitar contra unha grave enfermidade non puido superala definitivamente.
Déixanos unha querida persoa, amante da natureza, das flores, dos animais... boa xente sen dúbida. Nunca a esquecerei.
Dende estas liñas expresar o meu máis sentido pésame a toda a familia.
Seguimos con Frío
Que imos facer!!!...Somos poucos e con pouca gana de lerias.
Unha boa nova é que se veu a vivir a Piño unha nova parella. Dende esta web deséxolles unha boa vivencia nela. Trátase dun sobriño neto da Marisa do Sono.
No local social os membros da asociación veciñal Santa Bárbara tiveron unha reunión o domingo día 20 a que acudiron non soamente algúns dos socios senón tamén outros veciños que non o son pero que non quixeron deixar de pasar a oportunidade de asistir. Presentaron contas e trataron temas relacionados coa inversión do diñeiro dispoñible.
Dende o que queda da CMVMC seguen sen presentarse contas públicas.
Non vou poñer nada máis porque a censura sería moi dura. Que non lle quede a menor dúbida a ninguén que cando chegue o momento vou chegar a onde sexa preciso para devolverlle a legalidade a unha mal xestionada CMVCM .