Febreiro 2020

Xantar de Antroido

Info

Este domingo día primeiro de marzo, xantar de  entroido no local social da parroquia organizado pola asociación de veciños.

II FASE Coñece o teu camiño

Domingo día 1

Retomamos o camiño de inverno a Santiago todos os domingos do mes de marzo ata chegar á capital.
+ Info

NOVO LIBRO

Xa temos na Librería Pelayo o primeiro libro da nosa veciña Mirian Casas López.
Mirian é de Bóveda, os seus pais son os dous de Piño, é  filla do Pepe do Galgo e da Carmiña da Marela.
Dende estas liñas desexarlle os meus parabens por esta iniciativa.
 

IKAL

Mirian Casas López

Xoves de Comadres 2020 en MONFORTE

As Comadres na Pobra

Comadres 

Imaxes cedidas por Mónica de Piñeiros. 
Comadres no colexio, no centro de día, en Lamaiglesia, Salcedo e no Concello.
Tamén hai unha de Rosalía na miña  Libraría, en Monforte.
Oxalá o ano que ven se animen a participar os de Piño.

NECROLÓXICAS

Novas 
O día  19 de febreiro finou  D. Aquilino Vila de casa Portelo
Mañá día 20 as catro e media da tarde, misa de funeral e deseguido sepelio no ceminterio parroquial.

D.E.P. 

Este mes  de febreiro tamén temos que lamentar a perda de Rosaura Casas Carril que finou aos 94 anos de idade. Rosaura era da casa de SABELUCHO,   irmá de Lola, Antonio e Manolo.

D.E.P.

Programación de Entroido

programa de antroido na POBRA DO Brollon

TALLER DE DEBUXO ARTÍSTICO PROFESIONAL

EXPOSICIÓN DE ARTE

XUNTANZA ARREDOR DA ARTE

Este pasado domingo día 16 na casa da Cultura Olga Novo, do concello da Pobra do Brollón  tivo lugar este evento.  Moitos foron os veciños que quixeron arroupar aos protagonistas da tarde.

REPORTAXE 

NOVAS

Ao final os de PIÑO non fixeron compadres. Vemos en imaxes algúns do que se puideron ver  en terra da POBRA DO BROLLÓN. Imaxes cedidas por Mónica Rguez (Concelleira).

Tamén está o que fixen na libraría, o do Daviña Rey e algún de Distriz.
Os outros na galería do facebook de aldeas galegas.

Compadres no Centro de Día da POBRA

Compadres no Centro de Día da POBRA

Compadres en DISTRIZ

Novas dende Piño

Escribindo por Costume

Comezamos o mes de febreiro con tempo quente. Temperaturas por riba dos dez graos e algunhas choivas ocasionais.

O día dous,  domingo, misa na igrexa parroquial festexando as candelas. D. Manuel o cura da parroquia  bendiciu a auga, as velas e aproveitou tamén a bendicirnos aos que ali nos atopabamos. Mañá día 3 celebra en Ferreiros o San Brais. Esta tradición non aporta nada negativo, resulta enriquecedora.

Neste 2020 a Asociación Veciñal Santa Bárbara continúa a súa andadura presentando contas de 2019 aos seus socios e programando as actividades do Entroido e a Festas da Parroquia. Segundo membros da asociación,  hai interese en participar nos concursos de compadres e comadres que organiza o concello da Pobra do Brollón.  O que non nos confirmou ningunha fonte e de se na reunión que tiveron hoxe día dous  si van facer unha comparsa para os defiles da capital municipal para o sábado 22 no centro da Pobra e desfile de disfraces.    

 

 

 

Peruchela Rocío (2005 - 2020) - www.peruchela.es

Hay 320 invitados y ningún miembro en línea