Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

O día catro comezaron as festas   do San Froilán en Lugo.  No fin de semana do 6 ao 8  festas tamén do San Froilán en Pacios de Veiga  e este ano coincidindo coas da parroquia de Cereixa onde   houbo unha ampla oferta lúdica, comenzando o venres con partido de fútbol no campo dos Medos.


retirada do anteproxecto

 

O domingo as cinco da tarde  unha manifestación en Monforte  percorreu as rúas dende a praza do concello ata a compañía para pedir a non supresión da área sanitaria do Hospital e a retirada do anteproxecto de lei. 

 

 

VÍDEOS DA MANIFESTACIÓN

 

   

Como se pode constatar nas imaxes a afluencia de persoas foi masiva. 

Video de 5 minutos de veciños do concello da Pobra e outros na manifestación a prol do hospital de Monforte e encontra das privatizacións, das listas de espera e demais.

Representantes da oposión dos partidos políticos Equo, En Marea, Bloque e IU e PSOE e de sindicatos na manifestación da Sanidade Publica en Monforte 08/10


EXPOSICION OFICIOS E FERRAMENTAS

 

Na casa da cultura poeta Lois Pereiro de Monforte sita na Praza España dende o día dous e ata o 13 a primeira parte da exposición Oficios e Ferramentas onde recollo en imaxes algúns dos oficios desaparecidos ou en vías de facelo que durante séculos se viñeron realizando nestas terras.

 

 


Peruchela Rocío 👏👍

Publicado por Ruth Ferreiros en viernes, 6 de octubre de 2017

 


Un bonito reportaxe sobre a miña exposición de Arco da Vella

Publicado por Peruchela Rocío en Martes, 10 de octubre de 2017

 

Foto pública de redes sociais.

Dende o sábado 14 de outubro ata as primeiras choivas da noite do luns, xa martes 17 o ceo encheuse de cinza e todos tivemos o corazón nun puño.

O lume intencionado en toda Galicia foi a noticia máis importante acontecida na nosa comunidade en moito tempo.

Nos redores da nosa parroquia houbo lumes en San Fiz, Bóveda, Castroncelos, Cereixa, Fornelas na Pobra do Brollón, Chavaga e Piñeira en Monforte, Calvos O incio. Por citar algúns.

Por tal acontecemento houbo concentracións en sinal de repulsa nas principais vilas galegas.


 

 

Rematamos o mes de outubro nesta fin de semana do 28 e 29 celebrando o Samaín por parte da rapazada e cun xantar de confraternidade no local social da parroquia organizado pola asociación de veciños Santa Bárbara.

 

Vista dende o sitio do Sono hacia o Castro e os Barredos

Sobre esta páxina Información

 

 

 

0
0
0
s2sdefault

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar