Na actualidade é a casa de Estrella de Forguitaina, a que lle envio as miñas condolencias públicas pola morte dun neto, fillo da Fidelina, súa filla finada hai uns poucos anos.
O Merelle era Guardia Civil xubilado, tamén era carpinteiro, tiña unha vitrola e ia a rapazada de Piño alí a bailar, daquela fai cen anos era unha gran modernidade, nas aldeas vivia xente que descubria pouco a pouco a tecnoloxia, como agora moitos de vos có mundo de Internet e a Informática.
Cando el casou cunha do Incio que proviña de Formigueiros, onde hai vestixios dun castro, vendeuna.
A casa comprouna un irmau da María da casa do Carballal que viñera de Cuba e que casou con Estrella.
Na actualidade é a nosa veciña mais lonxeva que aló menos eu coñezo. con 105 anos, creo lembrar.
{jcomments on}