Maio 2017

Pra rematar o mes na parroquia de Piño celebramos a festa. Un fin de semana cargado de lóstregos, anubrado e escuro, con boa sorte no momento da procesión xa que non choveu, honramos á Santa Bárbara, e pedimos pra que se alonxara e non fixera derramo nas colleitas. Podedes ver un pequeno video e unhas fotos na galería do mes.

 

Para comezar o mes tivo lugar na igrexa parroquial o cabodano da Marisa de Loureano o día seis..

Ese mesmo fin de semana en Vilachá celebrouse unha nova edición da súa feira do viño Enlace https://aldeasgalegas.com/index.php/gl/patrocinios-publi-reportaxes/186-vino-vilacha

E tamén o mesmo primeiro fin de semana de maio  houbo unha xuntaza na casa da cultura da Pobra do Brollón para informar aos veciños das axudas de Europa para o rural, de cantas eran e como ian repartidas e de quen dependia facer o reparto e con quen..

Unha das cousas graves que se puido oir é que dos puntos do PDR GALICIA as seguintes MEDIDAS DO R1305/2013 QUE NON SE APLICAN polo goberno da XUNTA DE GALICIA .

Medida 5 Art 18 Reconstitución do potencial de produción agrícola danado por desastres naturais e catástrofes e implantación de medidas axeitadas .Medida 12 Art 30 Pagos ao amparo de Natura 2000 e da directiva Marco da Auga .Medida 14 Art 33 Benestar dos animais.Medida 17 Art 36 Xestión do Risco. Medida.18 Art 38 Fondos mutuais para adversidades climáticas, enfermidades animais e vexetais , infestación por pragas e incidentes medioambientais. .

Tamén se puido escoitar como a cinco empresas grandes repártenselle o 26 % do presuposto ou como o sector forestal recibe a maior parte dos cartos por unha politica adicada a prantar pinos e eucaliptos e logo prenderlle lume, unha mafia montada e organizada.

Eiquí vos deixo un enlace para que vos mesmos escoitedes e valoredes. https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/videos/1115364991902165/

Con respeto ao anterior é moi importante decirvos que agora ata o 2020 os cartos xa están repartidos pero que hai que empezar a traballar para que no plan que comece dende eiquí e intervir para que as cousas non continuen igual e melloren.En Europa falouse da coordinación de estratexias e programas para preservar a agricultura e a ganderia pero sobretodo o importante é que se aplique unha evaluación pormenorizada e periodica dos programas e os indicadores, revision e analises criticos das inversións e resultados. Casi nunca as axudas recaen en quenes as necesitan e o que acontece é unha burocratización dos papéis que fai imposible a solicitude por parte das persoas interesadas tendo que recurrir a empresas que se levan comisións moi importantes destas axudas.

Esta semana dendo e o día nove está chovendo ao fin ainda que as paisaxes asemellan a dun extraño outono na primavera xa que as follas dos nogais, figueiras , concheiros, kiwis, estan secas e caindo pola xeadas dos últimos días de abril..

Os días 27 e 28 de maio celébrase este ano a Santa Bárbara, pero en Veiga xa este fin de semana 13 e 14 teñen festas, logo de varios anos sen ela. Houbo un folión de cohetes que luciron nos ceos da comarca..

Carlos Villarubia fixome o envio do seu novo libro, Placeres Compartidos do que vos falaba no mes de abril e que podedes mercar nos sitios mencionados.

Outra novidade é a instalación dun espello no fondo da costa de Piño, no Fontao, unha medida moi positiva xa que é un punto moi perigoso donde xa ten habido varias incidencias

Tamen podedes ver nalgunha foto as cereixas e peras non cha, tamen os preixegos, ou a vista dalgunhas cepas de vides, por mor da xeada de finais de abril.

...

Prensa, Revistas, Fotocopias, Fax, Agasallos, 

Libros de Texto, Ocio, Especializados...

Postais, Sobres, Sellos, Papelería en Xeral

2005 - 2019 Peruchela

Temos 248 anónimos e ningún membro en liña