2016

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

No mes de setembro na igrexa parroquial houbo neste mes unha primeira comunión e un cabodano.A primeira comunión foi do Sergio o fillo pequeno da Susana da casa do Melchor e o cabodano de D. Manuel Veiga Docasar, Manolo de Vales, que vivía en Bóveda e que xa fixo un ano que finou.

 Por outra banda comentar que as máquinas da Deputación, se é que ten a competencia, limpando as cunetas da carretera principal, non o  fixeron este ano. Tamén están arranxando a carretera que vai dende a Chá a Centeais, con algúns pequenos problemas cós lindes.

Nas eleccións ao Parlamento Galego na mesa de Eixon non houbo novidades, sen poñer cartel propagandistico en Piño o PP sacou maioria absoluta na citada mesa,  ainda que no total do concello perdeuna.

En principio sen mais novidades, rematou o mes chovendo a última semana.

UVAS 2016 

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Este ultimo fin de semana de Outubro andivemos as mulleres de Piño carretando flores para o Ceminterio.  Na galería de imaxes, miña nai mais eu e ao lado a Luisa e a Fina da casa da Cerca e a Herminia da casa Peruchela. A Nelita e a súa irmá levaron outra gran carretilla ao cementerio pero escaparonseme a foto, quizais noutra ocasión.

Comezamos o mes con poucas novidades, as tarefas do rural como a recolleita das patacas e a vendima rematáronse nos primeiros días do mes, o tempo de outubro comezou caluroso. Ofrenda de flores no ceminterio do Castro aos nosos antergos. Ao fin o cierre do sitio do Quevedo, remátase. As cerrotas este ano, deixanse ver e apañar e os poucos castiñeiros que nos quedan na aldea non quedaron sen apañar.

Tempo en Piño de Navicoles e mazás autócnonas non soamente de castañas. As flores das hortas de Piño foron expléndorosas este ano. Marisa do Sono, Rosa Mari de Benjamín, Manuela de Campelo, Manolo de Quiroga, Flora de Gallego, Celia do Xan María, Luisa do Morales, Heminia  e Yolanda a quen as flores mais fermosas....

No primeiro fin de semana tivemos festas na contorna, así en Pacios de Veiga e Cereixa, a onde os máis animados acudiron a bailar ou a xantar de invitados .

O día nove domingo, pola mañá faleceu a sra. Visita de Carpinteiro, a cuio cadaver se lle deu sepultura onte día dez no ceminterio parroquial.

O día da Pilarica asemella que vai ser chuvioso. E así foi, choveu e falta fai o Teixugo  está tan seco que parece un camiño .

Para finais de mes celebráronse dous cabodanos na igrexa parroquial, das Amelias de Centeais.

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Comezou novembro coa celebración do Samain, pola rapazada de Piño. Este ano as cabazas foron impresionantes e dificilmente mellorables.Imaxes cedidas por eles.

En canto á celebración das misas de Santos e Difuntos, transcurriron coa normalidade doutros anos.

A finais do mes ó tractor do concello limpou as cunetas da carretera principal que tanto se reclamou que se llimpasen. Podedes ver na imaxe que atascos tamén hai nela, xa que debido a súa estreitez se non se circula moi pegadiño aos límites non se colle ao cruzarse un coche con outro.

Máis dun levamos susto  e a verdade e que coas cunetas cheas de maleza e ao haber un desnivel importante resulta moi perigoso. Lembrade pois non confiarvos e vir sempre ben pegadiños a ourela.

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Comezamos o mes coas labouras de matanzas que ao longo do mes se desenvolveran nas distintas casas da parroquia.

Por outra banda xa está marcado o sitio polo que si o Benigno de Quevedo quere cerrar o sitio debe facelo.Todo o mundo sabe que a denuncia doutro veciño fai que se lle obrigue a tiralo. Mal dun alegría doutros, isto pode ser moi ben o inicio dunha interminable lista de denuncias entre veciños.

 21/12/2016

Quedou convocada unha ásamblea xeral extraordinaria de comuneiros da parroquía de Santa María de Piño para o día oito de xaneiro ás catro da tarde no local social da Fonte da Vila.

O Presidente, Luis López, convoca esta Asamblea coa intención de presentar a súa renuncia e posiblilitar a formación doutra xunta reitora se así se convenise.Entre outros puntos da orde do día está informar do estado actual do local Social, e o estado de contas.

Estes días tamén limparon camiños as máquinas do concello, o que vai ao Castro dende a Riba e o de Suhortos tamén abriron case completo o camiño da Cruela ata o canal, faltaronlle cinco ou seis metros para habilitar o paso. Tamén  limparon o camiño da Riba ata o Xuncal e o da Veiga o seu paso pola Pontevella e as Penelas ata a carretera principal.

31/12/2016

A bifurcación que se ve nunha das fotos con dous camiños limpos non se corresponde ao traballo feito polo concello. É unha das devesas dun particular xubilado que  se mantén ocupado atendendo e limpado as súas propiedades.

Por outra banda,  chegou o Belén de novo a Igrexa Parroquial de man de Belén e Familia "Capitán", quenes tiveron a ben axeitalo para lucir durante estas datas navideñas. Nas fotos tamén se pode ver o vestido que lle fixo coas súas mans á Virxe, Herminia de Peruchela, no momento en que llelo ensinaba ao cura párroco D. Manuel.

Con respeto a máis novedades, ainas, de certo a min xa me cheiran tantos contos. O máis lamentable son as calumnias nas que se converten os chismoteos, parece que se nos olvida que nunca faltou que falar de todos e que non sempre o que se dí e do todo certo.

Felices Festas, bon ano novo 2017 e que os Reies vos traigan moitos agasallos.

 “