2018

Rematou o ano  có noso cura párroco. D. Manuel, mal de saúde polo que empezamos o ano con misas  pouco afluenciadas dadas polo cura do Incio, tamen maior, como él, pero puido vir a cubrir a vacante. Todo o mundo sabe que non hai vocacións e que os sacerdotes que quedan son de moi avanzada idade.

Por outra banda, comunico que vou seguir contanto por este medio as cousas que falan publicamente na parroquia.

Antigamente as cartas contaban aos emigrados as noticias, logo os teléfonos, na actualidade menos cartas, máis teléfonos e Internet, que é como unha carta común para moitos destinatarios considerados simpatizantes e amigos.

Sendo como é unha parroquia grande, a nosa, sempre hai novidades. 

En canto a granxa de porcino que están a facer, vai moi avanzada. Houbo algúns incidentes có desterre  da cimentación xa que a estrada quedou chea de torróns que caeron ao transportala, durante moitos días, sendo incluso perigoso ir por ela. Este tipo de cousas e a auga destes primeiros días de ano que  correu ao seu antoxo por riba dela, porque  as cunetas non son limpadas, vai facer que en pouco tempo volva a estar estragada.

Máis novidades, varias casas en venda e algunhas en aluguer.  

"Nestes momentos dícese que a casa nova da Milucha foi mercada por unha familia de Monforte"

-Desmíntese a compra da casa da Milucha, parece ser que eran rumores.(29/01).

A casa das do Murra  leva varios meses alugada e a do Antonio de Sabelucho están preparando para facelo próximamente. A do Celestino e o Café  seguén en venda.

Outra novidade é que o barrete de Suhortos está un pouco máis enchido de vida xa que parece ser que se creou unha gardería para cinco raparigos e  xa está completa.

En canto á polémica do Potro de Piño, que non teño comentado moito pero todo o mundo sabe, que se chamou a él un veciño e lle puxo candado e rompeu os bloques de cemento para facer paso a un anaco de terra á que tamén se chamou, pois alguén lle cortou o candado por dúas veces.   Membros da asociación de veciños xuntáronse có alcade do concello para intentar buscarlle unha solución ó tema, a finais do mes de decembro. Parece ser que se busca unha saída diplomática ao asunto.

Como é habitual as nosas terras énchense de cazadores nesta época do ano. Varias cacerías para intentar controlar a plaga de xabaríns que temos. Días pasados saíu no xornal que en Chantada abatiron dez nunha xornada, por desgraza en Piño non dan caído, e ao día seguinte de estar os cazadores o xabaríns seguían e seguen a poñer en perigo as viaxes xa que é moi frecuente atopalos á noitiña  na estrada, preto da granxa que están a facer.

E así é como comezamos 2018. 

Pra rematar o mes comunicar a defunición da filla da Julia e Nicanor, Julita a quen se lle deu sepultura o 31/01 no ceminterio do Incio. 

Grazas por visitar a Web.

 

Tags: ,

Finalizamos o mes coa defunción de Estrella Pérez Quiroga, aos 105 anos de idade, celebrándose o funeral do seu enterro o día 28 de febreiro ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Piño

O día 17 no xantar de confraternidade a secretaria da asociación veciñal Santa Bárbara informou aos presentes da posibilidade de comprar un campo para a festa, e de poñelo a nome da asociación como representante do mesmo, para o cal informou dunha reunión para o día 24, sábado as cinco da tarde onde se decidiu a compra do mesmo e a aportación de 20 euros por casa. Os veciños de Centeais e Vales amosaron interese en participar na compra.

 NOVEDAD - O Título da música do video é Tolemia e a intérprete Cristina Pato, os protagonistas veciños da parroquia .

 

 

Comezamos o mes có xoves de compadres e as nosas veciñas, Luisa, Maruja e Herminia sorprenderon facendo estes fermosos compadres para lembralo.

Todo o mundo sabe que na Calendaria casan os paxariños, e as nosa parella de cigoñas esta pretendendo facelo pois estes días víuselle namorando.

Hai varias novidades de interese. Xa vos irei participando da evolución en seguintes entradas. Feliz mes.

 

 Entre esas novidades que anticipaba está a elección de  presidente da asociación veciñal , quen ademais será parte da comisión das festas da Santa Bárbara, da cal  leva o nome a asociación.

Por outra banda en Santiago de Compostela houbo unha gran manifestación en defensa dunha sanidade pública en contra das privatizacións.

 Lee máis nesta ligazón : Manifestación en Santiago

 

Na segunda semana de febreiro, deixanos unha querida veciña e amiga, que pasaba largos periodos na súa casa de Suhortos, e que levaba en Inglaterra moitos anos, Justa da casa de Alexandro.

Nun  desafortunado momento perdeu a vida .  Dende estas liñas comunicarlle á familia o meu pesar  e tamén o meu apoio para unha pronta  superación desta dolorosa perda.

 

O xoves día oito,  Yolanda, Herminia e Luisa fixeron as comadres e lucíronlle moi ben ao longo de todo o día na praza España.

Outra das novidades é que a asociación veciñal Sta. Bárbara promove unha xuntanza de confraternidade para o sábado dezasete de febreiro  no local social .

Haberá un xantar de Entroido e todos os asistentes terán que ir disfrazados.

 

 

 

Novos contidos

No domingo de ramos o noso párroco dende que  Don Elias se xubilara, don Manuel, deu a misa axudado a vestirse polo seu irmau,  todo unha proeza a súa recuperación e o seu exemplo para cumprir cós votos adquiridos no momento da súa elección á "celibatía". É unha persoa moi humana e soamente teño palabras de admiración e respeto hacia il, inda que como de todos falar sempre hai que falar. Un dos primeiros curas modernos, empezou a finais dos oitenta creo lembrar. Leva sete ou ata oito parroquias.. bueno, levaba, porque nistes momentos hai unha falta de curas palpable, tamén é verdá que cada vez é menos a xente que vai ás misas,  agás nun día moi moi sinalado onde a maioria dos que van famno por agradar o gusto dun terceiro.

Estase perdendo o de enterrar aos mortos, as tendencias son maioritariamente crematorios. Incluso nas vilas que eu coñezo xa non teñen a costume de meter ao morto no medio da igrexa, e a xente ao seu carón dándolle a última compañía ata o cacho de terra que teña comprado/apalabrado pra deixar extinguir por si mesmo ao  propio corpo sen acelerar o proceso natural da auto-trasformación.

Agora no século XXI está de moda queimar e contaminar.  Non me vou poñer romántica. Xa se me pasou. Digo pq eu tamén me ofrezo voluntaria para que me queimen, mellor así Deus terá menos onde escoller. Por si non o sabedes a relixión  considera un acto de pecado a queima dos corpos. E iso non ten porque ser unha cousa mala. Eu comparto a idea de que é mellor deixar a natura que actúe ao seu ritmo. Non estou a favor da lapidación, por iso prefiro a queima.Admiro ás culturas que seguen a enterrar aos seus mortos en terra directamente.Os camposantos nunca deberon de deixar de ser baixos, ao meu parecer.É femoso escorrentarse flevemente ata misturar coa terra que te viu nacer e ir mudando  así ata confundirte coa maleza.E púxenme romántica, sempre o fun, e moito.


17/03/2018 - Este mes non tiven demasiado tempo libre para actualizar a Web, espero poder facelo proximamente.

Non hai ninguha novidade destacable, agás un pequeno contratempo á hora da compra do campo da festa.

Ademais non parou de chover en todo o mes có que  a auga volveu encher o noso arroxo O Teixugo.

Por outra banda a granxa de porcos que estan facendo no rodo xa ten o teito e pronto comezaran a poñerlles as paredes.

En canto ao día da muller houbo unha importante concentración na vila de Monforte por tal motivo.


Merecido Recoñecemento para o noso veciño Carlos da Casa do Justo


Na feira do viño de Amandi, o concello invitado foi o noso da Pobra do Brollón, alí acudiron os representantes do partido de goberno e tamén da oposición, ainda que o agasallo como é habitual recolleo en nome do concello o actual edil , que podedes ver nun dos momentos  do acto.

Novo reportaxe con momentos deste festivo fin de semana

Enlace ao reportaxe

Este mes de abril comenzaba compartindo con vos o estado da nosa carretera de acceso.

Non houbo moito que destacar pero si reseñar o atraso claro da primavera 2018, a data 20/04 a maioria de nos non sementou as patacas xa que ata mediados de mes continuou a choiva.

Foi noticia a forza dun trono, un lóstrego que caeo fai uns días na parroquía deixando varios teléfonos e electrodomésticos estragados.

En canto a máis novidades de interese para a parroquia o día 21 cabodano de sepelio na igrexa parroquial, de Pepe da casa de Carnera.

Pídovos excusas por non actualizar máis o contido pero estes días do mes estiven con pouco tempo para elo, grazas pola visita .

O xoves 26 de abril as catro e media da tarde sepelio de María Balboa Vázquez no ceminterio parroquial de Piño

PRIMEIRA SEMANA DE MES

Comezamos o mes celebrando o  sábado día dous na igrexa parroquial o cabodano da sra. Amable Díaz da casa Benjamín de Campelo e a muller de Benigno de Quevedo.

O domingo día tres non celebramos a misa do Corpus Cristi tal e como viñeramos celebrando sempre por haber  misa o sábado e a avanzada idade  do cura párroco así como a falta de participantes fixo que alo menos nesta primeira fin de semana de mes non se celebrara.

Comentar que a falta de tempo obrígame a facer menos entradas na páxina. Engadin tres fontes de noticias na portada para que  cando entredes podades ollar noticias de actualidade.

Teño que comentar unha crítica á malversación de diñeiro público que se fai diante das nosas narices por parte de empresas subcontratadas que supostamente teñen que parchear pistas. Dende estas liñas suxerir , por se alguén con poderes pode facer algo, que vaian metendo nun peto  o que aforren de non facer este tipo de actuacións,  xa que,   este espectáculo público de botar cunha pala riba dun bache encharcado e sen limpar unha presa de amasado de alquitrán con gravilla e deixarlo sen cubrir,  sequera,  e facer isto con medio de cada cento deles que hai, isto  é prevaricación, por si alguén no sabía moi ben o significado, isto  non é outra cousa que facer unha cousa sabendo que está mal feita.

"Proviene de praevaricari y tiene un origen más curioso. En las labores del campo designaba la acción de torcerse al arar un surco y salirse de la recta (prae = delante, varicari = torcerse). Con su paso al mundo jurídico, tomó el significado de apartarse de la norma moralmente recta."

Por outra banda  recuperar á figura de caminero é unha necesidade para as nosas parroquias e vilas xa que os Concellos non se encargan do mantenemento nin a Deputación tampouco.

Remitir unha carta a diputación de Lugo expresandolle o malestar que temos en Piño  pola falta de arranxo dos 150 metros de carretera de acceso que temos a entrada dende a nacional é outra necesidade sen cubrir así como apremia tamén limpar os perexiles que xa non permiten unha circulación segura por ela.

Así que da igual quen goberne que hai moito que facer e pouco interese en facelo por parte de todos. Non hai vontade.

Proximamente poñerei unhas fotos para que podades constatar o que acabo de dicir.


MEDIADOS DE MES

O venres día 8 faleceu na casa Morales, Doña Remedios Rguez Fdez oriúnda da casa Blanco de Ribas Pequenas e que levaba setenta anos sendo veciña de Piño  por casar con  Manuel Morales. O domingo ás sete e media da tarde celebrouse a misa de funeral na igrexa parroquial e deseguido o seu  traslado ao ceminterio parroquial.  Multitude de persoas de todos os pobos colindantes viñeron a darlle o último adeus. Era moi querida  e coñecida por todos pese a ser tachada moitas veces de curiosa. É  ben sabido que lle gustaba investigar e estar á última do que acontecía . Esa maneira de ser fixo que fose criticada moitas veces por todos pero do mesmo xeito gañouse o respecto e o cariño da xente,  xa que era servicial, disposta e  traballadora  . Era unha persoa que ía de frente e non se andaba con medias tintas, amiga de contos pero sobre todo amiga de axudar aos demais.  Deixa pois un vacío importante na nosa parroquia que perdeu neste fin de semana a unha das súas persoaxes máis entrañables. D.E.P.

E mentres en Piño estivemos de loito en San Xiao de Veiga estiveron celebrando as festas do Corpus Cristi, con misas solemnes, procesións, xantar popular, fogos artificiais e  orquestas á noitiña.   A esta parroquia pertencen os lugares de Centeáis e parte de Vales aínda que os enterros fanos en Piño.

O mércores 13 de xuño celebramos o San Antonio en Piño cunha misa na que participaron máis dunha vintena de persoas.


FINAIS DO MES

As cegoñas están a piques de marchar, como podes ver na imaxe xa están grandes e fortes.

Tamén vemos como có calor a xente madruga a camiñar ben cedo.

E na última imaxe aparecen dous papeis de convocatoria para reunións dos membros da asociación veciñal Santa Bárbara e dos comuneiros da de montes para o próximmo día 30, unha deseguido da outra.

E así rematamos o mes. Expreso sí,  o meu rexeitamento público a tala das árbores autóctonas do común se non hai un acordo de arrendamento que xenere ingresos para o pueblo. Non comparto o de arrasar có noso a cambio de nada . Deixarse untar  por subvencións que benefician a terceiros e van en contra dos intereses dos veciños.

 

 

Primeira e Segunda Semana de Mes

Comezamos o mes na parroquia celebrando a misa do domingo día 1 de xullo ás 17 horas pola celebración dunha primeira comunión. 

Nas imaxes podedes ver  o polémico potro  que segundo as informacións  das partes implicadas  parece ser que van a renunciar a él no concello as persoas que reclaman a propiedade do sitio no que se atopa .

Todos os veciños recibiron no seu domicilio unha carta do concello informando dunha reunión no local social da parroquia para o próximo 12 de xullo de 2018 as 11:00 horas para tentar de resolver as discrepancias ou dúbidas xurdidas coa regularización catastral.

Co bon tempo, aínda que case non parou de chover no que levamos de xullo comezan as obras de reparación de teitos, desbroces e da sega.

José Manuel Danesa reparou as cancelas do atrio parroquial  e o mesmo pedáneo  Jose Manuel de Campelo, tamén podou as árbores do lugar. Algún veciño tamén segou un pouco a carreteira principal dende Lamaredonda ata a costa facendo unha gran labor xa que estaba moi perigosa a circulación e  dende o concello responderan que ese traballo pertencía á Deputación.

O día sete tivo lugar a V edición da Feira Guímara na Pobra . Podedes ver unhas imaxes e un pequeno vídeo do momento na seguinte ligazón.

https://aldeasgalegas.com/index.php/gl/89-verano/192-guimara-2

Segunda Semana de Mes

En canto á reunión prevista no local social acudiu xente de Vales - Veiga, Santalla de Rei e Piño. Tamén veu o alcalde do Concello quen fixo unha introdución sobre o tema do catastro para informar aos veciños de que visto a situación tan prexudicial para os que vivimos no rural desta subida do IBI e os atrasos correspondentes,  que partiu do goberno central promovida polo partido Popular na suba do valor catastral, o concello viu a necesidade de por a dispor  dos veciños un servizo de asesoramento para solucionar os problemas derivados.

Ao rematar esta introdución eu mesma lle preguntei que parte da recadación extra que por este motivo tivo o concello ía a adicar a pagar débeda ao que respostou que nos once anos que levan gobernando xa a reduciu a metade e que están a pagar anualmente en torno aos 70 mil euros . Dedúcese que non van a aminorar máis a débeda xa que a recadación irá destinada a creación dunha residencia de maiores de xestión Pública na que aportaran 200.000 € e os terreos onde se vai afianzar e a Deputación  aportará o restante, algo máis dun millón de euros. A residencia contará con corenta prazas públicas onde os veciños da Pobra serán os primeiros beneficiados.

Houbo unha activa participación dos asistentes  que aproveitaron a ocasión da visita inesperada do Alcalde para participarlle de problemas tanto públicos como persoais.  

En canto aos problemas públicos  están o da levada ao punto limpo do concello  de enseres   que na actualidade non se pode levar a cabo polos veciños  dado o trastorno que supón e a avanzada idade da maioría. José Luis Maceda, comentou que hai unha ordenanza municipal que cobra algo simbólico por vir a recoller este tipo de enseres.. Dende o público instoúselle a que este servizo sexa de balde e que se realice en data fixa alo menos unha vez cada dous meses , pasando un vehículo público do concello a facer a recollida.

Tamén se falou do tema da depuradora do Fontao, informóuselle de que non está enchufada a corrente ou que non funciona e que o mantemento está pendente de facerse.  Xa non é o problema das augas fecais senón dos vertidos químicos que se están a facer sen contemplación ningunha do medio por parte dos que realizan lavados industriais con produtos contaminantes.

O alcade recordou aos veciños a obriga de ter unha fosa aséptica  en cada domicilio,  xa que a depuradora está pensada unicamente para augas pluviais ou xa descontaminadas. Si algún veciño denuncia estes vertidos, que o pode facer a solución terá que ser inmediata.

Como primicia Maceda Vilariño informounos aos presentes que estaba tratando de solucionar o problema que hai co transporte público  que en parroquias como Piño ou a Ferrerúa pasa pero sae as 08:00  e volve as 19:30 horas polos que os usuarios deste servizo vense obrigados a permanecer toda a xornada na vila de Monforte ou coller un taxi. A solución que propuxo foi a de que ese autobús regresase as 14:30 horas e en canto a parroquias como Oútara ou Vilachá que de momento non contan con servizo público de autobús  a partir do ano que ven si o terán realizándose a petición telefónica previa dos interesados en usalo, teléfono que se poñerá ao alcance de tódolos veciños de cara ao ano que ven.

Déixovos un pequeno audio da reunión.

E para rematar comunicar que o próximo 21 de xullo as 17 horas haberá unha reunión no local social para renovar aos representantes da asociación veciñal de Piño Santa Bárbara. Esta reunión débese en parte a que na anterior reunión  houbo dimisión do cargo de Presidencia.

Todo o que se fai por o pobo non debe de criticarse, xa que cada un que aporta esforzo e traballo para que as cousas vaian ben é encomiable. Sí é verdade e que ese esforzo debe ser constante e as cousas han de intentar mellorarse. Non vale calquera cousa e de calquera maneira.

Irregularidades na CMVMC non están tendo consecuencias porque non se tira da manta, xa que perseguimos a unión  do pobo e non queremos conflitos. Non soamente eu senón máis xente e consciente desas irregularidades. E como ben publiquei en anteriores ocasións a Comunidade de Montes non ten socios senón comuneiros e o órgano de representación é a Xunta Reitora,  comento agora que a Asociación de Veciños non é correcto nomeala como comunidade de veciños, e que non se pode nomear aos representantes da mesma como Xunta Reitora xa que esa denominación é exclusiva da CMVMC, no caso de asociacións veciñais noméase Órgano de Dirección ou coloquialmente falando Representantes da asociación. Este tipo de cousas fan que cando un veciño que non se decata xa moito aínda se decate menos xa que non sabe nin quen está convocando, eso sin ter en conta que todas as comunicacións teñen que ser asinadas por alguén e iso non se está a facer.

Veciños, non vale todo, e non é ser "toca huevos" como diría o "Pepiño", precisamente como somos unha parroquia que persegue a súa supervivencia debemos  traballar para facer as cousas correctamente.

 

O día nove en Castroncelos estivo Ana Pastor a xornalista có motivo da busca dos corpos das vitimas da represión franquista.

Ligazón á noticia. http://xornaldelemos.gal/sen-categoria/2129-reinician-os-traballos-para-atopar-os-corpos-das-vitimas-da-represion-franquista-en-castroncelos/

 

Terceira e cuarta semana de mes

Unha vez corrixidas as erratas ou faltas ortográficas do texto superior, prosigo contándovos o que rematou de pasar nestes días.

O 14 de xullo unha vez máis Feira Outrora en Rubián- Déixovos a ligazón ao artigo que elaborei para o concello de Bóveda .

O 21 fun a Veneira de Roques a misa e xantar da festa na honra a María Magdalena. Antigamente ían de Piño  camiñando, en Ferreiros xuntábanse cos de alí e subían todos a celebrar ao longo da xornada. O propio día é o 22 e aínda que non tiveron festa si houbo xantar de confraternidade.

 

Foto antiga

 

Da reunión da asociación Santa Bárbara saíu  Presidente o actual pedáneo. Hai un esforzo para que non se disolva. Tamén saíu unha vocal nova.

En canto ao común do Xuncal trala proposta dun veciño que vai  a recoller sinaturas para solicitarlle á "Comunidade de Montes" que lles deixe o campo de fútbol  e conta có apoio da Asoc. Veciñal Sta Bárbara. A maioría dos integrantes da Asoc. de Veciños tamén son Comuneiros polo que non terán ningún tipo de problema para que isto sexa así, xa que en calquera CMVMC  as decisións son tomadas en consenso por todos os comuneiros e non dependen da xunta Reitora unicamente.

Comento isto porque xa empezaron os veciños que poden  a talar,  cortar as árbores autóctonas que poboan o Xuncal. É lamentable que non poidan servir á xente maior do pobo esa leña. Seguramente moitos estarían dispostos a recibila aínda que tivesen que pagar algo porque llela levaran a casa e por cortala. Sempre lles sairía máis económico. Todo apunta a que se isto no se fai e non se lle da a posibilidade a todos os comuneiros e veciños  a que esta leña que quede sen cortar cando veñan as máquinas que van arrasar o Xuncal van arrancalos, enterralos ou mesmo queimalos sen beneficiar a ninguén.

 

 

 

 

 

4ª Semana de Agosto

Rematamos o mes cunha reunión no local social para a compra dun campo para o pueblo. Dito terreo atópase a uns 200 metros da igrexa parroquial de camiño a Vales e pertence a dúas persoas de Piño que teñen residencia habitual en Barcelona. O custe do mesmo con rexistro a nome da asoc. veciñal Sta Bárbara  ronda os 6000 € o que suporía un desenvolso de 120 Euros por parte de 50 veciños.

Proximamente saberemos si esta iniciativa sae adiante. Según indicaron fontes cercanas todos os presentes na reunión amosaron o seu interese.

 

alquitranado

Por outra banda o 28 de agosto, o pedazo de carretera que vai dende a Chá de Ribas ata  o cacho do concello da Pobra, que estaba sen asfaltar, levou unha capa de gravilla salpicada de alquitrán o que fará que alo menos se conserve nese estado ata o inicio das primeiras choivas, un par de meses aproximadamente.

 

 

 bache novo

En canto á carretera que fora asfaltada en quente no seu tramo de Pobra fai moi pouco tempo, sufriu agrietamento en varias zonas e non foi inxectada. Cerca da nova granxa de porcino, fendeu e fíxose un burato ocasionado probablemente polo peso dos grandes trailers que trouxeron as pezas, palas e outras maquinarias pesadas que se usaron para dita obra.

 

 

 

 2ª e 3ª Semana  de Agosto

 vodas de prata

O mércores día 15 na igrexa parroquial misa da AsuncióVodas Prata Rosa e Tomásn na memoria de Antonio Pérez Quiroga da casa de Forguitaina e renovación de votos no 25 cabodano do matrimonio da súa neta María Rosa, que celebrou así as vodas de prata.

 

 

 

misa na festa de Santalla de ReiNeste fin de semana 18-19 foi a festa da Santa Lucía en Santalla e do San Roque en Ver.

 

O sábado  día 18 de agosto as 18:30 cabodano de Jovita da casa de Paz, mai de Sindo. Á hora da comunión o noso párroco tivo un achaque e a misa finalizou con gran preocupación polo seu estado por parte dos feligreses. Foi trasladado ao hospital comarcal onde logo de facer probas quedou ingresado. A súa vida non corre perigo pero si estará uns días convaleciente.

 

 

 

 


1ª Semana de Agosto

Rematamos xullo cun accidente no fondo da costa , enfrente ao sitio de Balboa. Tanto a Voz de Galicia como O Progreso fixeron eco do acontecido na que se viu implicado un camión de Finsa baleiro e unha rapaza de Eixón.

Rapidamente o concello da Pobra enviou a limpar as cunetas que tan perigosas estaban xa que as máquinas da Deputación non o fixeron e a xente que veranea nestas terras xa está nos lugares de residencia habituais. Parece ser que o mesmo concello sufriu unha chamada de atención por facer esta tarefa tan precisa, porque segundo fontes da Deputación non entra dentro das súas competencias.

O sábado día catro xantar no local social organizado pola asociación veciñal Santa Bárbara. Pódese ver no mes de xullo a foto do anuncio. O venres día 3  as oito e media do serán na librería Agrasar de Monforte houbo a presentación do libro "Conexiones Naturales" de  Carlos Villarrubia , con raicés de Piño, neto do Marcial o cantineiro. Foron moitos os veciños que se acercaron ata o lugar a acompañalo neste momento.

Si alguén quere a foto orixinal con boa resolución pode solicitala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  xa que na seguinte galería están con pouco peso.

 

Galería imaxes Agosto 2018

 

 

 Mini-Vídeo Momentos


 

Remate de Setembro

Podemos ver na imaxe que algúns veciños xa fixeron a vendima. Este ano en xeral foi un moi mal ano de uvas na nosa aldea. A maioría sufriu unha peste no mes de xullo que non deixo apenas racimos.

En canto a outras novas podemos dicir que o cura párroco segue de baixa e non sabemos si poderá incorporarse en outubro.

Segundo fontes cercanas a compra do campo para a festa se ve que vai bastante ben, que a xente está participando e aportando a cuota que puxeron, salve catro ou cinco que non participan. Hai bastante indignación e polémica por actos que se están a producir na parroquia. Algunhas persoas expresaron públicamente que  os primeiros que teñen que pagar son os que están roubando a leña de TODOS os veciños da parcela do XUNCAL.

Queridos amigos e detractores, non falar de algo non evita que se descoñeza. O sentido común na nosa parroquia brilla pola súa ausencia e a liberdade de expresión está secuestrada.

  

Segunda quincena de mes 

Lamentamos a perda de José  López Díaz  da casa do José de Barroso que finou o sábado 15 de setembro aos 93 anos de idade no hospital comarcal de Monforte.

Deixo unha  ligazón que explica un pouco  a vida desta persoa, educada e elegante donde as  haxa, publicado  no portal Nosolocine.net , de seu fillo José Lito, En memoria de José López Díaz, padre de José López Pérez. Por Miguel-Fernando Ruiz de Villalobos . 

O domingo 16 de setembro as 18 horas celebrouse a misa funeral na igrexa parroquial e deseguido o traslado do cadaleito ao ceminterio. 

O José de Barroso é a primeira persoa que vai ser enterrada na parte ampliada do camposanto. D.E.P-

  

Eventos

O vindeiro fin de semana, 15 e 16 de setembro festas do Ecce Homo en Rubián Bóveda

O Día 22 na Pobra do Brollón https://aldeasgalegas.com/gl/92-outono/207-cores-outono, Faladoiro, Circo e Concertos, noutra nova edición das Cores do Outono.

 LIGAZÓN A REPORTAXE DAS CORES DO OUTONO

Máis novas

O día cinco, mércores,  misa funeral de Doña Mari Carmen Castillo San Miguel, de casa Antonio Alvarez, irmá de Tina que faleceu o pasado sete de agosto aos 82 anos de idade, logo da misa,  traslado ao ceminterio parroquial dos seus restos incinerados.

O día 8, sábado,  de novo misa funeral na igrexa parroquial e deseguido ao ceminterio acompañamos a outra apreciada e querida veciña, Manola Piñeiro, casa do Nicanor, a muller de Antonio Silvarrey D.E.P. 

E mentres en piño estivemos de enterros en Bóveda celebraron o San Xil e en Ribas Pequenas os Remedios. No campo de futbol xogaron os de Rivas contra os de Martín.

Primeiros dez días do mes

O día tres eu mesma inaugurei en Monforte unha mostra de fotografías de Oficios e Ferramentas antigas. O ano pasado fixen unha primeira parte, as imaxes e textos recollen profesións a piques de desaparecer ou xa desaparecidas para acercalas ás novas xeracións. Link Reportaxe  -   Link Web Retratos - 

 Entrevista sobre a exposición para Onda Cero

 

 

 

 

NOVAS DE OUTUBRO

 

  

Outra das obras que se fixeron nos últimos días do mes foi arranxar a rúa do Pacio, outrora chamada Carreira de Suhortos.

 


Rematamos o mes có escándalo que eu mesma formei en redes sociais expoñendo publicamente o que penso de algunhas maneiras de actuar dalgunhas persoas do que non me retracto. Prego que non poñades na miña boca palabras que non escribin nin pronunciei.

 

 

 

 

 

 

 

Felicitar públicamente a los responsables de la tala de 5 hectáreas de frondosas de más de 30 años y también destructores de un campo de fútbol con una historia de más de un siglo.

Hago extensiva la felicitación a todos aquellos que mientras realizan estas loables hazañas llenan de botellines de cristal y latas de cerveza vacías, el territorio .

No quiero dejar pasar la oportunidad de felicitar también a los encargados de defender la Naturaleza, por haber realizado la oportuna comprobación, advirtiendo que de las 25 hectáreas disponibles, éste era el único lugar donde había árboles, y no matorrales y maleza.

Nos encanta, a mí y a un numeroso grupo de gente de mi pensar, que nos robéis, nos insultéis, nos faltéis, calumnies, que sembréis dudas, faltéis a la verdad y manipuléis.

A todos los que por maldad, ignorancia o interés propio actuáis así, os digo que me alegro de estar a años luz de vosotros y que siento mucha pena al ver que no tenéis interés en mejorar.

 


 

Limparon as cunetas

da carretera principal a primeira semana.

Coa nova normativa de ter limpo preto a 50 metros das casas viñeron máquinas a desbrozar varios sitios de particulares como por exemplo en Outeiro, pasándolle unha factura aos propietarios.

Comezamos o mes con Festas. En Pacios de Veiga o San Froilán en  Cereixa e Castro de Rei na honra á virxe do Rosario.

 

 

 

Máis Novas

Moitos veciños venderon pinos e madeira das súas fincas privadas polo que os paisaxes están  mudando. 

Desbrozaron os camiños ao Castro.

As choivas deste días desfán de novo os camiños recién arranxados. 

Añado as imaxes fotos do mes pasado do desbroce en Outeiro e do arranxo da pista de Pompedriña. 

Flores de Defuntos no ceminterio parroquial e no antigo ceminterio do Castro. Vista da actual da Granxa de  marraus do Rodo e de colmeas no Castro.

   

Primeira Quincena de Mes

Comezamos novembro coas misas no día de todos os santos e o día de Defuntos.

No local social a asociación Santa Bárbara fixo un xantar no que participaron algo máis de vinte persoas. Un arroz caldoso, cerrotas, castañas e viño novo foron o menú otoñal elexido para a ocasión.

O sábado 3 na igrexa parroquial  bautizo de Cloe, filla da Marta, neta de Nelita e Jesús de Cantinera.

O domingo 04 de novembro houbo reunión no local social da CMVMC onde acudiron uns cantos veciños. Máis Info Sobre a xestión do Monte Comunal no 2018

Segunda Quincena de Mes

A idea de unir non é  a mesma que a de desunir. Moitos tal vez teñades metido no miolo  que a miña intención é esa, a de desunir.  A iste pensamento alego que non, que son unha persoa que cree na unión. E como creo na unión penso que ésta debe facerse sobre cementos sólidos, non sobre borralla.

A páxina de Piño é como  o correo de antes. Esas cartas que lle enviaba miña avoa a súa cuñada a Arxentina. 

O destino dela son as persoas relacionadas coa parroquia e que teñen este medio como instrumento de relación. A carta que escribo cada semana, ou cada mes, ou cada quincena  é pensando en cada unha das persoas que están pensando en recibir un novo comunicado.

Esta páxina non naceu para  menospreciar á nosa fermosa parroquia, nin para criticar sen motivo actuacións das persoas que nela viven. Polo contrario esta páxina naceu e persegue o obxectivo de ser unha base de datos da historia que nela se desenvolve. Un lugar onde cada un que entre poda consultar  algún dato que lle poda resultar de interese ou saír de dúbidas de en que data faleceu alguén ou se fixo algo trascendental.

Considero que podo decir publicamente o que pasa na nosa parroquia, e ainda que me gustaría non deixar de contar cousas boas, polo visto esas novas son as menos. Son 13 anos poñendo feitos  que nela se desenvolven e dándolle a opción aos veciños de vetar o contido.

Esixir explicacións e pedir responsabilidades  ás asociacións que xestionan o patrimonio do Pobo polos seus feitos, reitero que, non é faltar aos principios éticos fundamentais.  

Decirlle aos meus detractores, que poden denunciar o meu traballo altruista nesta Web. Si o fixeron nalgunha ocasión remitíndome burofases intimidatorios,  nada priva que o poidan volver a facer,  pero que o fagan directamente e que non anden sembrando pra ver si outro o fai por un.

 Decir tamén que me desencanta moito ver  inxustas  opinións sobre esta Web e o que nela se publica. Nin se desvela ningún segredo, nin se falta á verdade.

Felices Festas de Nadal!!!

Son moitas as persoas que veñen a pasar o Nadal eiquí a Piño. Dende Barcelona, Madrid ou cidades galegas como Vigo ou Santiago estas datas traen a moitos veciños que están vivindo e traballando lonxe. 

O pobo énchese un pouco e da gusto atoparse con xente.

Desafortunadamente estase poñendo perigoso pasear polos montes polas pragas

 

A Velutina en Piño

Na Fonte da Vila, chegando a casa do Ferrerías nun dos carballo da finca da Cerca, hai un gran balón de velutinas.

Parece que xa se deu parte pero a gran altura da árbore non fai que resulte doada a súa eliminación.

Hai bastante preocupación entre os veciños. As colmeas de abellas de varios particulares foron atacadas e morreron case todas.

Balón de Velutinas Carballo con Velutinas camiño local social carreiro Fonte da Vila

 

   

HISTORIAS E HISTORIETAS

Comezamos o mes de decembro celebrando varias matanzas domiciliarias nas casas da nosa aldea.

Pese a que cada ano se reduce o número de persoas que realizan este tradicional festexo de aprovisionamento  continúase a facer aproveitando  todas e cada unha das partes do animal.

Cada ano pecha algunha casa na nosa parroquia, as defuncións son o motivo principal. A falta de relevo fai que cando isto acontece  a edificación quede sen uso co conseguinte deterioro derivado do paso do tempo e da falta de coidados.

Ser pioneiros á hora de por a dispor do público as nosas vivendas fará que Piño se manteña habitado, doutro xeito case se pode garantir que dentro dun século non quedará ninguén.

É verdá que somos poucos aos que nos interesa o que pase nun futuro no que nos xa non contemos. Habémolos,  e saber que non estamos sólos na ambición de deixar o mellor posible esta terra que nos viu nacer,  fai que sigamos traballando sen dar por vencida esta loita contra a orde establecida a golpe de diñeiro que persegue o abandono das terras de labradío e da vida  do e no rural.

Soño cun futuro onde os nenos enchan de novo as rúas de Piño, onde  os paseos en bicicleta os leven a ollar árbores senlleiras e a beber auga de mananciais sen contaminar. 

Aterrorízame pensar que dentro de cen anos non poidan ollar eses marabillosos seres vivos do reino vexetal  de trescentos anos, máis que en retratos, tamén me sobrecollo ao imaxinar que os animais autóctonos téñanse exterminado. Paxaros mil que xa non hai, lobos  que desapareceron e así pouco a pouco ao igual que nos abandonando estas terras que tanto se labraron cando non había con qué.

Estase a ver  que o home  coa súa maldade e ambición está traballando en prol do  reino de móneras (bacterias).

 

 
2005 - 2019 Peruchela

Temos 199 anónimos e ningún membro en liña