2017

Da reunión da Comunidade de Montes de Piño que se celebrou o pasado día oito saíu unha nova xunta retora para representar aos algo máis de trinta comuneiros que a conforman. Esí o Presidente novo é Manolito da casa de Carnera, a Secretaria Ana da casa de Seoane, e o Tesoureiro J.Manuel da casa do Morales.

Desexamos teñan un próspero mandato dentro da complexidade que supón rexir unha asociación deste tipo no momento actual. Ao disolverse a Asociación Veciñal Santa Bárbara o ano pasado o local social pasa a estar representado pola vixente asociación de  montes.

Aviso, corrección de información no mes de febreiro

O 25 de xaneiro chegou a cegoña un ano máis a Piño. O frío có que comezou o mes fixo que conxelase ata o río Cabe ao seu paso por Monforte, temperaturas que chegaron ata os oito graos baixo cero. O día dous de febreiro as once e media da maña na igrexa parroquial bendición das candelas e rocas de S. Brais. D. Manuel, cura párroco de Piño dende  a década dos noventa, con algúns mais de oitenta anos sigue mantendo os oficios de misas nas alo menos cinco parroquias. Mosteiro, Ferreirúa, Ribas Pequenas,  Piño, Freituxe. A falta de relevo fai que os parrocos que quedan no rural teñan que desenvolver o seu oficio ata non poder máis.Cada vez tamén son menos as persoas que vivimos nas aldeas e acudimos á misa, na imaxe pódense ver a catro xubiladas, dúas delas nonaxenarias

O temporal que veu logo das xeadas,  de choiva e vento fixo caer varias árbores e en Piño non nos libramos, ao menos dúas tiveron que ser apartadas da estrada principal.

Hoxe 06 de febreiro ainda chove pero o vento e mais froxo.  Nun días comeza o Entroido, no concello da Pobra convocaron un novo concurso de compadres e comadres que este ano comezan o xoves 16.

 O 24 de febreiro no local social houbo unha reunión dos membros das asociacións de Piño

 Corrixo unha información do mes pasado onde puxen que a asociación Sta. Bárbara se disolvera, ainda que o rumor que había no pobo era ese, ao parecer os mesmos que se fan cargo da represetación da CMVMC, tamén se fan cargo desta polo tanto, non era verdade o da súa disolución, e o que houbera fora unha dimisión dos anteriores cargos.

”>

Novidades

O antroido foi un éxito este ano. Compadres, comadres, desfiles e ata o enterro da sardiña puidemos desfrutar neste sur lucense.Os de Piño que eu saiba non nos disfrazamos máis que por independente, no lembrando cando foi a derradeira vez que fixemos en conxunto un comparsa da parroquia. Outros como os de Cereixa luciron unidos  con algúns da Pobra no desfile de montaña Rusa que idearon para este ano. Os de Salcedo brillaron un ano máis e deleitaron a toda a contorna coas súas obras de teatro, as súas ocorrencias e o seu ben facer. Traballan a moreas durante moitas semanas para preparar ano tras ano o Antroido, que recentemente se ven de celebrar.

Enlace a Galeria de Fotos Monforte -  Enlace a Videos -   Compadres e Comadres  http://bit.ly/1IfUUsx

Acceso imaxes igrexa

Comezamos o mes có mércores de cinza na igrexa parroquial. Un ano máis a misa tivo lugar a unha do mediodia e unha decea de persoas recibimos a cruz que nos lembra que somos polvo e ao polvo voltaremos. Comeza a Coaresma, a virxe xa luce có seu tradicional traxe morado.

        

Pra rematar o mes na parroquia de Piño celebramos a festa. Un fin de semana cargado de lóstregos, anubrado e escuro, con boa sorte no momento da procesión xa que non choveu, honramos á Santa Bárbara, e pedimos pra que se alonxara e non fixera derramo nas colleitas. Podedes ver un pequeno video e unhas fotos na galería do mes.

 

Para comezar o mes tivo lugar na igrexa parroquial o cabodano da Marisa de Loureano o día seis..

Ese mesmo fin de semana en Vilachá celebrouse unha nova edición da súa feira do viño Enlace https://aldeasgalegas.com/index.php/gl/patrocinios-publi-reportaxes/186-vino-vilacha

E tamén o mesmo primeiro fin de semana de maio  houbo unha xuntaza na casa da cultura da Pobra do Brollón para informar aos veciños das axudas de Europa para o rural, de cantas eran e como ian repartidas e de quen dependia facer o reparto e con quen..

Unha das cousas graves que se puido oir é que dos puntos do PDR GALICIA as seguintes MEDIDAS DO R1305/2013 QUE NON SE APLICAN polo goberno da XUNTA DE GALICIA .

Medida 5 Art 18 Reconstitución do potencial de produción agrícola danado por desastres naturais e catástrofes e implantación de medidas axeitadas .Medida 12 Art 30 Pagos ao amparo de Natura 2000 e da directiva Marco da Auga .Medida 14 Art 33 Benestar dos animais.Medida 17 Art 36 Xestión do Risco. Medida.18 Art 38 Fondos mutuais para adversidades climáticas, enfermidades animais e vexetais , infestación por pragas e incidentes medioambientais. .

Tamén se puido escoitar como a cinco empresas grandes repártenselle o 26 % do presuposto ou como o sector forestal recibe a maior parte dos cartos por unha politica adicada a prantar pinos e eucaliptos e logo prenderlle lume, unha mafia montada e organizada.

Eiquí vos deixo un enlace para que vos mesmos escoitedes e valoredes. https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/videos/1115364991902165/

Con respeto ao anterior é moi importante decirvos que agora ata o 2020 os cartos xa están repartidos pero que hai que empezar a traballar para que no plan que comece dende eiquí e intervir para que as cousas non continuen igual e melloren.En Europa falouse da coordinación de estratexias e programas para preservar a agricultura e a ganderia pero sobretodo o importante é que se aplique unha evaluación pormenorizada e periodica dos programas e os indicadores, revision e analises criticos das inversións e resultados. Casi nunca as axudas recaen en quenes as necesitan e o que acontece é unha burocratización dos papéis que fai imposible a solicitude por parte das persoas interesadas tendo que recurrir a empresas que se levan comisións moi importantes destas axudas.

Esta semana dendo e o día nove está chovendo ao fin ainda que as paisaxes asemellan a dun extraño outono na primavera xa que as follas dos nogais, figueiras , concheiros, kiwis, estan secas e caindo pola xeadas dos últimos días de abril..

Os días 27 e 28 de maio celébrase este ano a Santa Bárbara, pero en Veiga xa este fin de semana 13 e 14 teñen festas, logo de varios anos sen ela. Houbo un folión de cohetes que luciron nos ceos da comarca..

Carlos Villarubia fixome o envio do seu novo libro, Placeres Compartidos do que vos falaba no mes de abril e que podedes mercar nos sitios mencionados.

Outra novidade é a instalación dun espello no fondo da costa de Piño, no Fontao, unha medida moi positiva xa que é un punto moi perigoso donde xa ten habido varias incidencias

Tamen podedes ver nalgunha foto as cereixas e peras non cha, tamen os preixegos, ou a vista dalgunhas cepas de vides, por mor da xeada de finais de abril.

...

Para comezar xuño,  comentar  que a excepcións do voluntariado non hai quen se faga cargo das areas comúns polo que que unha vez mais  fomos segar ó ceminterio, o mes pasado segamos o atrio parroquial e a area da retoral. Non menciono o tema mais que có animo de lembrarlle aos veciños que a súa colaboración é moi importante.

Xa  na primeira fin de semana dous acontecementos na igrexa parroquial.Por unha parte o sábado día tres tuvo lugar o cabodano por doña Dolores orihunda da casa Celestino de Suhortos. O domingo, logo do funeral, ao ceminterio parroquial leváronse os restos de doña Amable, da casa Benjamín, muller do Sr. Benigno de Quevedo, xustamente o anterior enterro que tivemos na parroquia foi o da súa irmá o pasado mes de abril Jovita, viuva de Vitorino. Logo destas non moi afortunadas noticas e moitos menos para familiares e amigos poucas máis novidades.

Como é habitual o día trece celebramos a misa na honra de San Antonio.  Tronou a montóns e choveu, non moito. 

O sábado dezasete tivo lugar o cabodano do Ricardo da casa de Carballal e sen mais foi acabando o mes.

Como todos ben sabedes a censura existe e  si se pode falar de moitas cousas e de moita xente da aldea,  pero non se poden deixar escritos eiqui os chismes, así que se queredes estar ao día non vades ter mais remedio que vir por eiqui ou seguir comunicándovos por teléfono.

Fai xa meses que se rumoreou que no Rodo , no sitio do Fidalgo de Ribas Pequenas se ía a establecer unha granxa de porcino.  Polo visto o rumor é unha realidade e nesta derradeira semana de xullo xa se poideron ver uns camións no lugar.

A mai do Fidalgo saiu da casa do Macía de Chorente, que casara cunha da casa do Cachavello coa que tivo varios fillos e logo cando morreu con outra da casa de Balboa. A herdanza da muller, da casa de Cachavello pasou ao marido  incluindo a citada finca que na actualidade teñen os seus descendentes.

Outro das cousas que pode facer mudar a paisaxe do pueblo sería a corta de entre 70 e 90 carballos na finca de Balboa, que logo de mirar ben supoño que será do arredor xa que a finca non ten máis que eses e un piñar ao fondo.

Falando dos carballos, nas imaxes inferiores podedes ver que a peste do carballo chegou a Piño ao Souto Grande, levamos varios anos escapando e todos os pobos do redor infectados, Monforte e contorna, e por fin tamén están os nosos contaminados, unha peste que dende alo menos fai cinco anos se está a cargar o fermoso paisaxe que estas nosas árbores autóctonas ofrecían aos visitantes amosando agora un aspecto desolador.

 Tamen se puido ver algún veraneante por Piño, pero non sei porque ata agosto non chegan en maioría.

Nas imaxes podemos ver a Benito e Pepe rexuntando a casa do Ferreirolo que fai uns anos mercou a Maruja e Pepe da Visita, tamén podemos ver no atrio a Anthony e a tres netos da Elena. 

En xullo é tempo de sega. Os nosos gandeiros andiveron  todo o mes  pasado na herba e neste rematan e comeza a sega dos cereais .

Nas imaxes podesdes constatar a cantidade de bolos de silo que hai en distintos lugares da parroquia, e os de herba seca tamén están xa nas palleiras.

O Fernando de Peruchela segou a zona común do local social e o Manolo de Gallego zonas comúns da Igrexa parroquial, e o Pepiño da Yolanda a área común do Souto Grande e tamén o camiño do Rubió que estaba cego.

O día catorce houbo feira en Rubián, meor dito houbo a feira Outrora de Rubián.

O Pobo de Piño sempre aporta algún artesano.

O Lino e o Carlos  pola casa do Justo. Lino era o último zapateiro de Piño  dende que se xubilou afecionouse a facer cestos e caiados. REF. 2011 e Carlos espuxo para venta prantas pra cociña e hortalizas da terra.

Eu mesma tamén acudín no 2009 cun posto que asemellaba a fotografía antiga cunha explosición adicacada ao meu avó Fernando Rguez Salgado, fotógrafo e anticuario da zona.

E neste 2017  Herminia de Peruchela tamén  levou a exposición e venta uns cestos feitos con papeis de xornais e frores secas pintadas.

Vemos nas imaxes como algúns agricultores e gandeiros da parroquia traballan na instalación dunha balsa no común do Xuncal para aproveitar as augas que se perden do canal de regadío. Tamen vemos algunhas imaxes cedidas da xuntanza do xantar promovido por membros da asociación veciñal Santa Bárbara que tivo lugar o pasado mércores día 23 de agosto ao que acudiron preto de setenta persoas

Vai rematando o mes das vacacións por excelencia e con él pouco a pouco comezan a marchar os amigos e familiares que este ano nos viñeron a visitar. Temos moita sorte en Piño de que veñan, hai pueblos a onde xa non ven ninguén nin de vacacións

Gracias a todos polos comentarios Estes días de vacacións hai moito a onde ir.

Publicado por Peruchela María Del Rocío Rguez López en Miércoles, 9 de agosto de 2017

 

Tags:

Comezamos setembro coa festa de Bóveda como tódolos anos. En Ribas Pequenas,  os Remedios, unha gran festa en Sarria tamén, ali hai moita tradición de ir xantar este día, e tan grande a romaría como no Val de Lemos o San Mateo.

As miñas duas avoas naceron en setembro, unha o día oito e outra o nove. A da casa do Gallego, Rosa naceu o día nove, a de VER o oito, o día dos Remedios.


 - Hoxe 07/09  deu misa o cura do Incio que axudou ao de Piño no sepelio dun neto da Estrella.

 - O domingo decesete hai reunión  para elexir xunta retora e actualizar listado de comuneiros no local da Fonte da Vila.

- O Teixugo está completamente seco. Fai poucos días cortaron a auga do canal e xa non se nutre das fugas deste.

- Un raio partiu unha árbore na carreira da Riba, podedes ver as imaxes


E poucas novidades mais, agás que este ano as uvas  viñeron a 70 céntimos de EURO, penso que queren que non se faga viño na casa  ou soamente o fagan os ricos ou aos que lle gusta moito.Hai moitas tarefas domésticas e agrícolas, entre patacas, viño, mel, horta  e outras colleitas  hai moito que facer na aldea. A maiores a maioría é xente moi maior á que hai que coidar ou velar. Non é doado conciliar a vida laboral coa familiar nestas circunstancias.


Hoxe domingo 10,  marchou a Mimi a estudar á Universidade de Santiago. Síntese moi contenta por ser parte dos que este ano 2017 van por primeira vez a Universidade,  son os que corresponde os natos en 1999 último ano do século XX. Desexo que lles vaia moi ben a todos eles que comezan a súa primeira gran independencia.  Síntome moi orgullosa dela, e non é para menos.  Merece moito ir a estudar  a nosa capital, unha das urbes máis ricas culturalmente falando e  patrimonio de tódolos galegos.


O domingo pasado no local social de Piño aos comuneiros da CMVMC da parroquia de Santa María de Piño faltouse á verdade . Houbo xente que ese día foi a darse de baixa pero xa fixeran eles o traballo por eles sen nin sequera dar opción de decilo.

mapa da rede natura en PiñoDe momento podedes ollar o mapa nas imaxes en zona verde que comprende a Rede Natura  na nosa parroquia tamén, incluíndo os montes. A maiores, ao chegar á reunión observamos que eliminaron á xente de comuneira sen previo aviso.Pola miña parte expresar dende eiquí que non vou a participar máis comunicados desta CMVMC mentres non sexa supervisada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común e os comuneiros que estaban inscritos figuren de novo no listado  ou fagan a súa renuncia tal e como figura nos estatutos.



Potro de Piño

Podedes ver na imaxe novidades que aconteceron nos últimos días de mes có potro de Piño.


No local social de Piño estase a realizar como cada ano ximnasia para as mulleres que o desexen, os martes e xoves.

”>

O día catro comezaron as festas   do San Froilán en Lugo.  No fin de semana do 6 ao 8  festas tamén do San Froilán en Pacios de Veiga  e este ano coincidindo coas da parroquia de Cereixa onde   houbo unha ampla oferta lúdica, comenzando o venres con partido de fútbol no campo dos Medos.

O domingo as cinco da tarde  unha manifestación en Monforte  percorreu as rúas dende a praza do concello ata a compañía para pedir a non supresión da área sanitaria do Hospital e a retirada do anteproxecto de lei. 

VÍDEOS DA MANIFESTACIÓN

 

Como se pode constatar nas imaxes a afluencia de persoas foi masiva. 

Video de 5 minutos de veciños do concello da Pobra e outros na manifestación a prol do hospital de Monforte e encontra das privatizacións, das listas de espera e demais. Representantes da oposión dos partidos políticos Equo, En Marea, Bloque e IU e PSOE e de sindicatos na manifestación da Sanidade Publica en Monforte 08/10


EXPOSICION OFICIOS E FERRAMENTAS

Na casa da cultura poeta Lois Pereiro de Monforte sita na Praza España dende o día dous e ata o 13 a primeira parte da exposición Oficios e Ferramentas onde recollo en imaxes algúns dos oficios desaparecidos ou en vías de facelo que durante séculos se viñeron realizando nestas terras.


Peruchela Rocío ??

Publicado por Ruth Ferreiros en viernes, 6 de octubre de 2017

Un bonito reportaxe sobre a miña exposición de Arco da Vella

Publicado por Peruchela Rocío en Martes, 10 de octubre de 2017

Foto pública de redes sociais.

Dende o sábado 14 de outubro ata as primeiras choivas da noite do luns, xa martes 17 o ceo encheuse de cinza e todos tivemos o corazón nun puño.O lume intencionado en toda Galicia foi a noticia máis importante acontecida na nosa comunidade en moito tempo.Nos redores da nosa parroquia houbo lumes en San Fiz, Bóveda, Castroncelos, Cereixa, Fornelas na Pobra do Brollón, Chavaga e Piñeira en Monforte, Calvos O incio. Por citar algúns.Por tal acontecemento houbo concentracións en sinal de repulsa nas principais vilas galegas.


 Rematamos o mes de outubro nesta fin de semana do 28 e 29 celebrando o Samaín por parte da rapazada e cun xantar de confraternidade no local social da parroquia organizado pola asociación de veciños Santa Bárbara.

Celebramos o día de Santos e Defuntos na nosa parroquia como en outros sitios da xeografía visitando aos nosos mortos e con misas.A mesa do altar luciu un antiquísimo mantel calado e a virxe uns dos vestidos tamén mais antergos. Atópase na nosa igrexia parroquial unha caixa de ánimas traída dende o Castro. Pensamos que pode estar  rexistrada no Inventario  do patrimonio de Lugo e a súa  provincia, pola súa antiguedade máis de tres séculos e por fontes que así o atestiguaron.

        

Comezamos o mes de decembro con bon tempo pero aos poucos días as xeadas viñeron .

En Froxán do Caurel foi a festa da Pisa, podedes ver o video no facebook de aldeasgalegas ou no seguinte ligazón https://aldeasgalegas.com/index.php/88-pisa-castana

Tocaron os dous últimos números do primeiro premio da loteria de Nadal nos décimos que ofertou a Asoc. Veciñal Sta. Bárbara.

Soubemos do falecemento de Luis da casa Baldomero en Barcelona 

Xa chegou a Piño a cegoña despistada, un pouco antes de tempo.

Deíxovos unhas fotos, feliz nadal e próspero ano novo 2018

2005 - 2018 Peruchela

Temos 367 anónimos e ningún membro en liña